займ срочно

Piden que se recupere o Festival de San Xoán en Mazarelos

0

Compostela, 9 de xuño do 2021 – Compostela Aberta pide que se recupere o Festival de San Xoán que se celebrou en dúas ocasións na Praza de Mazarelos.

A voceira de Compostela Aberta Marta Lois lembra que foi un proxecto impulsado desde Incolsa, coa colaboración da Asociación de Hostalería,  na anterior lexislatura e que se estaba consolidando. Lois engade que “despois de ano e media de pandemia, seguimos sen saber cal é o traballo e cales son os plans de Turismo de Santiago máis alá de encomendarse ao Xacobeo”.

Un dos carteis usados para o anuncio das festas no 2018

A portavoz municipal de CA sinalou que “ainda que a situación sanitaria desaconselle a celebración das cacharelas nos espazos públicos, o Goberno debera procurar alternativas, que ademais de servir de atractivo turístico permitirían tamén que retomaran certa actividade colectivos de artistas e artesáns que en anos anteriores participaran nesta celebración de Mazarelos”.

Marata Lois cre que  “se hai vontade política, Incolsa está aínda a tempo de organizar un programa atractivo, similar ao de anos anteriores, nos que a praza de Mazarelos acolleu actividades como un mercado tradicional, obradoiros para a posta en valor das tradicións de San Xoán, unha área gastronómica, ou actividades culturais como contacontos”.

No marco deste festival tamén se organizaban visitas guiadas para a recollida de herbas de San Xoán “outra actividade que sería perfectamente compatible cos protocolos sanitarios polos que debemos rexirnos en tempos de pandemia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies