займ срочно

Piden en Rois a redución do IBI en sectores comerciais

0

Rois, 19 de decembro do 2018 – Xente de Rois rexistrou unha moción na que propón reducir nun 50% a cota do Imposto de Bens Inmobles (IBI).

A moción iria a pleno no seguinte pleno ordinario de xaneiro. A reducuíon de IBI sería para locais comerciais, autónomos e pequenas e medianas empresas e explotacións gandeiras localizadas no concello.

Pere Tobaruela, concelleiro de Xente de Rois, explica que “se trata de actividades e negocios de vital importancia para un concello basicamente de ámbito rural e que xogan un papel importante de interese e utilidade municipal ao concorrer, entre outros aspectos, beneficios sociais e de fomento do emprego”.  Por este motivo en Xente de Rois pensan que a proposta sairá adiante. “Non se entendería que se votase en contra desta medida, que implica unha clara aposta polo apoio ao comercio local, emprendedores e todo tipo de actividades económicas de ámbito municipal”, di Tobaruela.     

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies