займ срочно

Piden a rescisión do contrato da empresa adxudicataria do SAF de Ordes e Frades

0

Bisbarra, 29 de abril do 2021 – O persoal que atende o Servizo de Axuda no Fogar en Frades e Ordes apoia a petición de CCOO de declarar nula a adxudicación.

Comisións Obreiras, co apoio dos traballadores, pedirá que Frades e Ordes adxudiquen de novo o servizo. Solicitarán tamén a subrogación dos 46 empregados pola nova empresa.

 Sentenza en contra da empresa

O conflito no Servizo de Axuda ao Fogar de Frades e Ordes nace da denuncia presentada por CCOO polos incumprimentos laborais da empresa Aralia. Hai un mes o Xulgado do Social n.º 3 da Coruña emitía unha sentenza na que constata eses incumprimentos.

O xulgado considera que a empresa Aralia non respecta a xornada mínima de 25 horas para o persoal que non goza de xornada completa, 24 no caso do persoal que traballa as fins de semana e os festivos. Tampouco cumpre co descanso mínimo entre xornadas de traballo, doce horas, e semanal, día e medio ininterrompidos. Ademais, a sentenza declara o dereito das traballadoras a cobraren os seus salarios conforme o recollido no convenio sectorial.

Denuncias previas

O sindicato Comisións Obreiras xa denunciara á concesionaria do SAF de Frades e Ordes antes de levar o tema ao xulgado. CCOO realizou actuacións ante a inspección de traballo e mesmo reuniuse coa dirección da empresa. Aralia continuou cos incumprimentos como se constatou en distintas actas sancionadoras da inspección de traballo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies