займ срочно

Miles de persoas en contra da capea das festas de Pascua de Padrón

0

Actualización 10:00 h. O BNG de Padrón informa que o concello adoptou un acordo plenario, aprobando por maioría unha moción do BNG, o 24 de setembro do 2015 cos seguintes puntos 

1.- Declarar que o Concello de Padrón é contrario á
celebración de festexos taurinos.
2.- Que o Concello de Padrón non participe, sexa de xeito
indirecto ou directo na realización, impulso ou promoción
de festexos taurinos.
3.- Notificar este acordo á Xunta de Galiza instando a
esta institución a traballar a prol da fin desta actividade cruenta cos animais.

O grupo nacionalista presentou un escrito no concello pedindo que se cumpran os acordos plenarios.

Padrón, 11 de abril do 2022 – A plataforma Galicia, mellor sen touradas reuniu máis de 74,000 sinaturas en contra dunha capea prevista para o día 17 nas festas de Pascua de Padrón.

A plataforma e a asociación animalista Libera presentaron ademais una denuncia ante o Valedor do Pobo, contra o concello de Padrón, porque o festexo incumpre  a capea incumpre a Lei de benestar animal 1/93.

Desde Galicia Mellor sen Touradas explícase que o concello incumpre ata media ducia de artigos da mencionada Lei. A intención coa denuncia é conseguir que o concello de Padrón sexa o primeiro sancionado en Galicia por, por exemplo, non dispoñer do servizo de lacería e acollida de animais abandonados.

Insubmisión fiscal contra a capea

Mellor sen touradas empraza tamén á veciñanza a presentar queixas por rexistro cando teñan que pagar os tributos. Explican que o cidadán pode deixar constancia da súa oposición a que cos seus cartos se financien actividades contrarias a súa conciencia, como pode ser o caso da tauromaquia.

Engaden que non pode ser que non se destinen cartos a cumprir coa Lei de benestar animal e, ao mesmo tempo, se financien actividades como a capea que a incumpre.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies