Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Padrón
  • Xeral

Padrón prepárase para o San Xoán de Raio

O concello de Padrón prepárase xa para a festividade do San Xoán de Raio, unha celebración que se remonta a 1613.
Padrón: actos da festa de San Xoán do Raio, con concertos da C

Padrón: actos da festa de San Xoán do Raio, con concertos da Coral Val do Sar e Jhonny Vergada, e xantar da Terceira Idade

Bisbarra, 23 de abril do 2024 – O concello de Padrón prepárase xa para a festividade do San Xoán de Raio, unha celebración que se remonta a 1613.

Será o luns 6 de maio cando Padrón abrirá os actos oficiais as 11.45 coa recepción de autoridades na casa do concello. Desde alí ata a igrexa de Santiago terá lugar a procesión para, xa as doce, concelebrara a misa solemne.

No acto relixioso participará a Coral Val do Sar. Tras el os actos pasarán á praza de Macías onde actuará a Tuna de Veteranos da Coruña.  A festividade de San Xoán do Raio inclúe, como é tradición tamén, o xantar de confraternidade para a terceira idade no restaurante do Hotel Scala.

Para poder asistir cómpre retirar a invitación antes do 3 de maio no Centro Social. Os prezos para os empadroados en Padrón é de 10 euros que se ingresarán na conta que se facilitará no momento da inscrición. No caso das persoas non empadroadas o xantar terá un custo de 39 euros e deberán retirar as invitación no hotel Scala.

Para poder asistir á edición número 32 desta tradicional comida de confraternidade para os maiores de 60 anos haberá un servizo de autobuses que pasará polas paradas de transporte escolar a partir das 11.00 horas. O regreso será ás 19.00 horas.

A actuación da orquestra Os Satélites no campo do Souto servirá como colofón á festa a partir das 20.00 horas.

Post navigation

Previous: Boqueixón celebra a declaración da Festa da Filloa como Festa de Interese Turístico Nacional
Next: O Santo Isidro de Rois xa ten cartel

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.