займ срочно

“Peixe” de Xisco Feijóo e “Andorinhas” de Ana Moura mellores cancións no certame Ari[t]mar

0

Compostela, 22 de marzo do 2022 – “Peixe” de Xisco Feijóo e “Andorinhas” de Ana Moura, elixidas polo público como Mellor Canción do Ano 2021 na Galiza e Mellor Canción do Ano 2021 en Portugal nos premios Ari[t]mar.

A segunda e terceira cancións máis votadas nos Ari[t]mar foron na categoría galega, respectivamente, “Pobo de Artistas” de Dakidarría, e “Maneo de Cambre”, de Caamaño&Ameixeiras. Na categoría lusa, a segunda e terceira cancións máis votadas foron “Estou por tudo”, de Miguel Araújo, e “Eco”, de Carolina Deslandes.

As vencedoras foron escolleitas de entre dez músicas galegas finalistas e outras tantas portuguesas. Ambalas dúas vencedoras son claras apostas por unha visión contemporánea da música tradicional e puntos de inflexión nas carreiras dos seus intérpretes.

“Peixe” é o nome da canción elixida como mellor do 2021 na Galiza, pero tamén do que é o primeiro traballo discográfico de Xisco Feijóo en solitario. Este bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre e cantor ten participado en máis de vinte traballos e presentacións de artistas de proxección internacional como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto ou Rodrigo Romaní.

En concreto, “Peixe” é un canto á aceptación e á natureza única, incoherente e irrepetible do ser humano, no que unha fonda tradición emerxe grazas a unha mirada recuperadora pero tamén actual e contemporánea.

 

Por outra banda, “Andorinhas” é o primeiro tema do novo camiño que a fadista máis exitosa do presente século, Ana Moura, botou a andar tras romper coa súa casa discográfica e comezar a crear e producir música dun xeito máis diverso e independente. “Andorinhas” é boa mostra desta nova senda, basculando entre unha voz sentida de fadista e unha envolvente musical que, sen deixar de recordar á música nacional lusa, tamén se achega a ritmos contemporáneos coma o da electrónica.

O tema ten sido definido por fontes achegadas á artista santarena como “símbolo da liberdade e a emancipación, da creatividade en estado puro”, o que sen dúbida marca un punto de inflexión na carreira dunha figura que ten superado o millón de ventas a nivel mundial.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies