Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

A parábola do angazo de Talía Teatro este venres en Ames

Talía Teatro leva este venres á Casa da Cultura de Bertamiráns, en Ames, a peza A parábola do angazo a partir das oito e media da tarde.
ames-teatro-parabola-angazo-slide-9-febreiro-2022-(2)_r

Table of Contents

Toggle
  • Ames, 9 de febreiro do 2022 – Talía Teatro leva este venres á Casa da Cultura de Bertamiráns, en Ames, a peza A parábola do angazo.
    • A parábola do angazo e a resistencia do galego

Ames, 9 de febreiro do 2022 – Talía Teatro leva este venres á Casa da Cultura de Bertamiráns, en Ames, a peza A parábola do angazo.

Nesta peza, a compañía Talía Teatro conta, a través da comedia, a historia dun mozo dunha aldea galega que esquece a súa lingua ao emigrar uns meses a Castela. A cita coa Parábola do angazo a partir das oito e media da tarde.As entradas están xa á venda na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A parábola do angazo e a resistencia do galego

Esta obra é unha viaxe pola historia do galego e por algunhas das súas anécdotas máis significativas, fiada por unha coñecida lenda xa recollida polo Padre Sarmiento no século XVII. Este relato popular conta como un mozo dunha aldea esquece o galego ao emigrar uns poucos meses a Castela e volver posteriormente á súa terra.

A través do humor e do diálogo, os dous intérpretes unirán pasado, presente e futuro para demostrar que a lingua galega sobreviviu xa a moitas situacións adversas, e que aínda ten moito que dicir, invitando aos espectadores á reflexión e a ver perspectivas distintas sobre o estado do galego.

A obra foi estreada na 30º edición do FIOT Carballo, celebrado a finais de 2021, como parte da sección “Noites de Rúa Chea”. “A parábola do angazo” serve como peche dunha triloxía iniciada por “Bicos con lingua” (2003) e “Pelos na lingua” (2011), propostas anteriores da compañía.

O programa completo de cultura de Ames do primeiro semestre de 2022, elaborado pola Concellaría de Cultura en conxunto coa Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), pode consultarse ao completo premendo nesta ligazón.

Post navigation

Previous: Rois abre o prazo para as Mañás Entroideiras
Next: Rosalía formal, Rosalía rebelde

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.