займ срочно

Padrón subirá o canon da auga un 16,12 %

0

Padrón, 6 de abril do 2022 – O pleno municipal de Padrón aprobou unha suba do canon da auga dun 16,12 % co único voto en contra do BNG.

A maioría absoluta do Partido Popular e as abstencións de Psoe e Compromiso permitiron a modificación da ordenanza Nº4 onde se sube a taxa polo servizo de auga e sumidoiros.

A voceira nacionalista, Beatriz Rei, era moi crítica cunha suba que afecta ás familias de forma independente aos ingresos “este non é o momento de obrigar á cidadanía a enfrentar unha nova suba taxas de impostos indirectos, que significa unha suba de igual porcentaxe independentemente dos ingresos das diferentes familias”.

O equipo de goberno do Partido Popular tamén foi moi criticado desde a oposición por unha suba de impostos que contradice as demandas do partido a nivel nacional. A Concelleira do BNG resalta que  “mentras Feijoo pide ao goberno do Estado que baixe os impostos e utiliza esto como argumentario para atacar ao goberno, o mesmo partido do Partido Popular fai o contrario no Concello onde goberna”.

Desde o BNG lamentan unha subida de impostos nun momento “sensible para a economía das familias e de pequenas e medianas empresas, escollendo, unha vez mais o peor momento para facelo, demostrando así a súa incapacidade para gobernar”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies