Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Padrón
  • Xeral

Padrón faise Literario co gallo das Letras Galegas

A capital do Sar crea Padrón Literario co gallo das Letras Galegas e a colaboración da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, da Fundación Rosalía de Castro e da Xunta de Galicia.
padron-literario-slide-7-maio-2024_r

Bisbarra, 7 de maio do 2024 – A capital do Sar crea Padrón Literario co gallo das Letras Galegas e a colaboración da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, da Fundación Rosalía de Castro e da Xunta de Galicia.

O obxectivo de Padrón Literario é “inspirar ás xeracións futuras e impulsalas a explorar o mundo a través da palabra escrita”. Unha intención que se concreta nunha programación que inclúe obradoiros escolares, teatro, concertos, e tributos aos autores da vila e a homenaxeada este ano nas Letras Galegas: Luísa Villalta.

As propostas comezarán este venres, día 10, cunha ofrenda floral a Camilo José Cela no cemiterio de Adina en Iria Flavia. Será a partir das 19.45 horas para a continuación pasar ao paraninfo do Museo Camilo José Cela co monólogo do actor e humorista Carlos Blanco. A entrada é de balde ata completar aforo. Ao mesmo tempo, e dirixida ao público familiar, está prevista a actuación de Inventi Teatro ‘A librería máxica’, na praza de Macías.

Padrón Literario organiza dentro da programación o denominado Letreseo. Desde o día 10 e ata o 20 terá lugar esta Semana das Letras no Museo. Unha semana de portas abertas no Museo Camilo José Cela, en horario de 10 a 14 horas, con actividades como talleres lúdicos da  man de Arenaria e a actuación de Pakolas.

O mércores día 15, dende as 20.00 horas, no auditorio da Casa Museo Rosalía de Castro, terá lugar Conversas Nortear ‘Literatura en feminino’. Contará coa participación da historiadora e escritora galega María López Sande, da USC; a ensaísta e investigadora Isabel Cristina Mateus, da Universidade de Minho; e de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía e académico da RAG. A entrada é de balde ata completar aforo.

Padrón Literario programa para o venres 17 de maio, tamén na Rosalía de Castro e tamén de balde,  a actuación de Lucía Aldao, poeta con máis de 20 anos dedicada ao mundo da poesía escénica, da música e do humor. A cita neste Día das Letras Galegas comeza ás 20.00 horas.

Outro dos momentos clave será o Concerto das Letras Galegas que chega a súa 36ª edición. Dende as 20.00 horas do sábado 18 poderase escoitar no Auditorio Municipal á Coral Polifónica de Padrón, á Coral ‘A Lembranza’ de Sada e á Coral Polifónica Máximo Gorki de Vigo.

O sábado 24 o programa de Padrón Literario volve duplicarse ás 20.00 horas co concerto de Barahúnda, no auditorio da Casa Museo Rosalía, e coa actuación dos Títeres Brincadeira e a obra ‘Luisa Villalta eo violín de vento’, na praza de Macías.

O público familiar será tamén o protagonista da última das actuacións da edición deste ano. A praza de Macías será o escenario o venres 31 de maio, ás 20.00 horas, do espectáculo de Fantoches Baj ‘Isaura e Tristán. Constastorias’, unha enxeñosa peza teatral de monicreques baseada no libro de Luísa Villalta ‘As chaves do tempo’.

Post navigation

Previous: Juan Manuel Calvo, propietario do Pemento, protagonista nas festas de Rois
Next: Clases de galego e español para a veciñanza migrante de Silleda

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.