TEO TURISMO
займ срочно

Padrón conmemora o Día da Memoria Democrática

0

Bisbarra, 12 de abril do 2024 – O vindeiro domingo 14 de abril, o Concello de Padrón conmemorará por primeira vez o Día da Memoria Democrática.

Padrón, con este evento, márcase como obxectivo concienciar á veciñanza sobre as profundas feridas que a sociedade sufriu durante a Guerra Civil, os corenta anos de ditadura e as súas consecuencias. Con esta cita, o goberno local ofrece un recoñecemento público a aquelas persoas que loitaron pola democracia, a xustiza e a liberdade.

Esta xornada adquire un carácter especial en Padrón debido ao seu papel histórico durante esa etapa, albergando entre decembro de 1937 e abril de 1939 un campo de concentración nos terreos da antiga azucreira de Iria Flavia.

Por este campo pasaron preto de 3.000 prisioneiros vítimas da represión franquista, moitos dos cales chegaron á vila do Sar por ferrocarril ou transporte marítimo desde Vilagarcía. Este lugar converteuse en testemuña da opresión e o sufrimento de miles de persoas, incluíndo a numerosos galegos e a aqueles que fuxían da represión en Asturias e Cataluña.

O acto conmemorativo deste domingo celebrarase a partir das 17.00 horas no Xardín Botánico-Artístico e incluirá a plantación dunha árbore da memoria, como símbolo de vida e de esperanza nun futuro mellor. Ademais, levarase a cabo un acto institucional no que intervirá o alcalde Anxo Arca, xunto coa participación da banda municipal de Padrón e o dúo de acordeóns Ad Libitum.

Acto de MoradAura

O Concello de Padrón colabora tamén na celebración da Primeira Xornada arredor do Campo de Concentración de Padrón: unha ollada feminista que organiza a asociación MoradAura este sábado 13 de abril.

Dende ás 17.30 horas, a Casa dos Capeláns en Iria Flavia acolle unha serie de ponencias, diálogos e intervencións artísticas que servirán de homenaxe ás veciñas que ofreceron os seus coidados e axudaron aos prisioneiros deste campo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies