Bisbarra, 9 de xaneiro do 2024 – O Concello de Padrón convoca a décimo edición do Certame Poético Rosalía de Castro co obxectivo de promover a poesía galega e homenaxear á figura da escritora.
O prazo de presentación dos traballos finalizar á o 15 de marzo. A participación no Rosalía de Castro está aberta a calquera persoa, independentemente da súa nacionalidade. A temática e a forma poética escollida son libres, pero só se aceptarán obras inéditas en lingua galega, non premiadas noutros concursos, e cunha extensión mínima de 400 versos.
O traballos deberán presentarse no Concello de Padrón (rúa Longa, 27. 15900-Padrón) por quintuplicado e en papel, en tipografía Arial e tamaño 12, polo sistema de plica. A obra gañadora será premiada con 1.500 euros e un diploma acreditativo. Publicarase, ademais, na colección de poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.
O premio entregarase no mes de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas ou nunha data próxima. A decisión do xurado coñecerase antes do 17 de maio de 2024 e darase a coñecer a través do taboleiro de anuncios e da páxina web do Concello, onde tamén se poden consultar as bases.
O último gañador do certame foi Francisco Javier Fernández Davila, escritor e enxeñeiro natural de Canido (Oia), coa súa obra Konpostela.