займ срочно

Padrón abre un autocine no Souto

0

Padrón, 4 de xuño do 2020 – O concello de Padrón será o primeiro concello da bisbarra en abrir un autocine no campo municipal do Souto.

Trátase dunha idea que circulou polas redes case desde o inicio da pandemia. Unha alternativa de ocio típica dos Estados Unidos e inédita na bisbarra de Compostela. O autocine permite disfrutar das películas en familia e manter, ao mesmo tempo, as condicións de seguridade sanitaria de obrigado cumprimento.

Padrón abre un autocine no Souto

Campo do Souto, a carón da Praza de Abastos e o Centro Médico de Padrón

A concellería de Turismo e Cultura de Padrón, é a responsable de esta idea; a concelleira Lorena Couso sinala que  “esta é unha das iniciativas nas que traballamos para animar a vida social e cultural da nosa vila nestes tempos tan complicados, para nós é moi importante seguir dinamizando Padrón e presentar propostas que melloren a vida da nosa veciñanza”.

Esta é unha iniciativa conxunta coa empresa UFATEC e posta en marcha coa colaboración da Asociación Radioaficcionados (Asorapa). UFATEC é unha empresa con máis de 15 anos de experiencia no sector tecnolóxico e ubicada en Padrón, que ofrece solucións eficientes e áxiles a todas as demandas relacionadas coa tecnoloxía.

Sesións infantís e de adultos

 

A primeira sesión do autocine terá lugar o venres 12 de xuño coa estrea de ‘Toy Story 4’. A idea é que os venres se proxecten filmes para o público infantil, e os sábados para público adulto. Por tanto, o sábado 13 de xuño a película da que se poderá desfrutar neste novo espazo é ‘O que arde’. As seguintes sesións de autocine terán lugar o venres 19 e o sábado 20 de xuño.

 

O autocine de Padrón situarase no Campo do Souto, a entrada será de balde previa recollida e terá capacidade para un total de 60 vehículos. As entradas estarán dispoñibles a partir do luns 8 de xuño, e poderán recollerse no Centro Social.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies