займ срочно

Pacto X Ames non entende que se declare emerxencia a axuda no fogar cando hai 20 meses que se coñece a data de remate do contrato

0

Ames, 9 de xaneiro do 2017 (fonte Pacto X Ames) – Para Pacto X Ames “O tripartito de demostra que non da o nivel en labores de goberno ao declarar de emerxencia a xestión do servizo de axuda no fogar cando dende hai 20 meses sabían que vencía o 30 de decembro”.

O goberno tripartito de Ames, para Pacto, demostra cada día que os grandes temas non son capaces de sacalos cun mínimo de solvencia, RPT, Presupostos e agora o contrato da Xestión do Servizo de Axuda no Fogar.

Segundo Pacto X Ames tiveron 20 meses para confeccionar un prego adecuado e agora declaran a situación de emerxencia coa desculpa de que as “novas necesidades detectadas no servizo non están recollidas no contrato asinado no ano 2010”

O goberno non explica cales son esas necesidades detectadas nin o motivo polo que se tardou case dous anos en sabelas, o que demostra pouco rigor nas labores de goberno.

Este servizo foi contratado polo goberno socialista o 10 de decembro de 2010 por un prazo de 4 anos e posteriormente prorrogado polo goberno do PP o 23 de decembro de 2014 por dous anos que finalizou o 30 de decembro de 2016.

O tripartito de Ames recorre á declarar a Emerxencia para un servizo que debería ser de atención prioritaria para un goberno que pretende presumir de social. A declaración de emerxencia ten unha duración de 6 meses e deberá prestarse nas mesmas condicións que o actual contrato.

Despois de 20 meses, e tendo a intención de non recorrer a outra prórroga, o tripartito propón unha nova licitación que aínda foi publicada o 26 de decembro de 2016, de aí a decisión/obrigación de declarar a emerxencia. O prazo para a finalización de ofertas aínda finaliza o 10 de febreiro de 2017 e o importe desta licitación é de 1.532.535, 30 €.

Dende Pacto X Ames consideran que despois de 20 meses, é lamentable que o goberno tripartito non tivera claro que este procedemento debería ser unha prioridade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies