займ срочно

Pablo Reboleiro gaña a vixésimo primeira edición do Premio Maruxa Villanueva

0

Padrón, 8 de febreiro do 2022 – O creador e director artístico da compañía Pistacatro, Pablo Reboleiro Rama, foi o gañador do XXI Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva.

O xurado valorou a traxectoria de Pablo Reboleiro como un dos grandes impulsores da renovación do circo en Galicia e, en especial, o seu papel no espectáculo Drop, “onde exhibe a capacidade de hibridación do circo contemporáneo, botando man da tradición dos malabares á par doutras disciplinas artísticas”.

Imaxe do xurado

O xurado, que tomou a decisión por unanimidade, salienta ademais que en Drop, Pablo Reboleiro achega ao público unha reflexión sobre conceptos da vida contemporánea “como reivindicación do erro e a divulgación das matemáticas”.

O multidisciplinar Pablo Reboleiro

Acróbata, malabarista, paiaso, músico, bailarín, actor… Son moitas as definicións que poden aplicárselle na súa faceta artística a Pablo Reboleiro, que se suma na nómina de premiados do Maruxa Villanueva a nomes como os de Roberto Vidal Bolaño, Rosalía Dans, Xosé M. Olveira ‘Pico’, Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira ou Rocío González, premiada o pasado ano.

Lorena Couso, concelleira de Cultura de Padrón e presidenta do xurado, destacou a implicación de todos os seus membros para respectar ano tras ano o espírito dos galardóns, que buscan dar a coñecer unha sobresaínte traxectoria dramática e unha actriz ou actor que destacase polo seu bo facer nunha interpretación recente.

Couso Incidiu en que a decisión de outorgarlle o galardón a Pablo Reboleiro tomouse por unanimidade e amosou a súa satisfacción porque recaese nun artista de circo, “unha modalidade que aínda non fora recoñecida”. 

Reboleiro recibirá como premio 1.200 euros, un diploma acreditativo e unha figura do busto da actriz Maruxa Villanueva nun acto que terá lugar nos vindeiros meses en Padrón.

O xurado, reunido no centro social do Concello de Padrón, estivo formado ademais de por Lorena Couso polos profesores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Inma López Silva, Afonso  Becerra e Roberto Pascual; o actor e profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho Fernández; e a animadora social de Padrón, María Cruz Taboada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies