займ срочно

Os orzamentos e a vía verde con Cerceda, acordos da Xunta de goberno de Compostela

0

Compostela, 18 de febreiro do 2018 – A Xunta de Goberno de Compostela acordou a aprobación definitiva dos orzamentos de 2018, ao tempo que desestimou as alegacións presentadas ao proxecto. O alcalde, Martiño Noriega, lembrou que as contas terán que ser ratificadas polo Pleno da Corporación antes da súa entrada en vigor.

Na Xunta de Goberno tamén quedaron desestimadas as alegacións presentadas tras a aprobación inicial dos orzamentos. Martiño Noriega apuntou que só houbo alegacións da CIG, que foron desestimadas por entender a Intervención Municipal que non tiñan cabida en ningún dos supostos previstos pola lei. O alcalde explicou que a intención do Goberno é que a aprobación definitiva dos Orzamentos Municipais de 2018 se produza na sesión do próximo 21 de febreiro, Pleno do Debate sobre o Estado do Municipio.

Vía Verde

Outro dos acordos adoptados na Xunta de Goberno de hoxe foi a sinatura dun contrato de arrendamento con ADIF, polos terreos polos que discorrerá a Vía Verde Santiago-Cerceda, no seu tramo compostelán. O alcalde lembrou que “este alugueiro foi un dos escollos que impediu que a Vía Verde se convertera nunha realidade durante o goberno bipartito”. O Concello terá que pagar polos terreos 9.600 euros anuais, cun período de carencia de dous anos desde a firma do documento.

Subvencións

Na Xunta de Goberno acordouse a solicitude de dúas subvencións. A primeira seralle solicitada á Secretaría Xeral de Igualdade, por un importe de 69.000 euros, e dirixida ao financiamento dos postos de asesoría xurídica, atención psicolóxica e axente de igualdade do CIM. A outra, de 15.000 euros, élle solicitada á Deputación da Coruña para a contratación dun técnico de xestión cultural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies