займ срочно

Os veciños de Compostela decidirán o destino de un millón e medio de euros nos orzamentos do 2018

0

Compostela, 6 de abril do 2017 – A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta do inicio do proceso de orzamentos participativos para 2018 que incorporan novidades respecto ao ano pasado e ao piloto de 2016.

SONY DSC

María Rozas destacou a aposta do Concello por este tipo de modelos de participación directa “despois da experiencia piloto na área de Mocidade durante o 2016 e a primeira experiencia da historia do Concello de Santiago en orzamentos participativos no 2017. Por iso”, engadiu, “decidimos continuar apostando para o 2018 por esta fórmula incorporando as suxestións das persoas que participaron nos procesos anteriores”.

A contía que Compostela destinara no 2018 pasará dos 1,1 millóns de euros dedicados no 2017 aos 1,5 millóns de euros, o que supón un incremento de 400.000 euros en relación. Desa consignación cómpre diferenciar o tipo de gasto que se establece, de tal xeito que se destinarán 1,3 millóns de euros a investimentos (un 30% máis que no 2017) e 200.000 euros a actividades (o dobre). Mantéñense os 100.000 euros para os orzamentos participativos de Mocidade e incorpórase unha partida nova doutros 100.000 para as festas do Apóstolo de 2018.

Rural, urbana norte e sur

Para este proceso continúase coa división do Concello por zonas, “áreas que foron definidas tras un proceso participativo no 2016 e serán rotatorias de aquí a final de mandato”. O ano pasado realizáranse os orzamentos participativos na zona urbana nordeste e sueste, no rural e no conxunto da cidade.

Para o 2018 pásase de catro a cinco áreas, desdobrando o rural en norte e sur, tal e como pediu a veciñanza no proceso do ano pasado. “Entendemos -afirmou María Rozas- que tal e como estaba configurada era unha área moi ampla, non só na súa extensión senón nas diferentes necesidades que ten”. O rural compostelán é o único que participa todo o mandato como “forma de compensar os anos de abandono que sufriu e para ir acadando pouco a pouco ese reequilibrio territorial do que tanto falamos”. Así, no rural, a partida pasa dos 275.000 euros do ano pasado aos 450.000 (un 63% máis) divididos en dous: 225.000 para o rural norte e 225.000 para o rural sur.

Ademais, Rozas destacou que esta decisión de incrementar no rural “é unha forma de premiar aos veciños e veciñas das parroquias, xa que o ano pasado detectamos que foi alí onde máis participación houbo e foi tamén de onde saíron as propostas de máis orzamento”.

A maiores, os orzamentos participativos para o 2018 desenvolveranse nas áreas Urbana Norte e Urbana Sur. A zona Urbana Norte inclúe os barrios de Vite, Basquiños, San Caetano, Salgueiriños, Meixonfrío e Guadalupe e a zona Urbana Sur os de Conxo, Santa Marta e Vidán, nos que se destinarán 500.000 euros (225.000 por cada un). Ademais mantense a partida destinada aos investimentos no conxunto da cidade, que pasan de 300.000 a 400.000 euros (33% máis).

Regulamento

O proceso botará a andar coa xuntanza do grupo motor que deberá aprobar o regulamento. Este grupo “decidirá como artellalo, porque entendemos que a participación da veciñanza debe comezar xa nese grupo motor”. En todo caso, engadiu Rozas, “non imos desbotar o traballo do ano pasado e o borrador de regulamento será o propio regulamento que rexeu o proceso do ano pasado”.

A concelleira de Facenda amosouse moi satisfeita polo proceso de orzamentos participativos do 2018, “porque incorpora as melloras que foron saíndo dos procesos anteriores e que nos permiten facer cada ano uns orzamentos participativos mellores”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies