займ срочно

Oroso abre a Semana Cultural

0

Oroso, 26 de agosto do 2019 – O concello de Oroso abriu este domingo a Semana Cultural que durará ata o próximo 6 de setembro con actividades de todo tipo e para todos os públicos.

A Banda de Música de Ordes foi a encargada de abrir os eventos cun concerto na praza de Isaac Díaz Pardo. Mañá martes a Semana Cultural terá un contido máis lúdico coa tradicional visita ao Aquapark de Cerceda.

O mércores o colectivo Culturactiva presenta o espectáculo Sabooor! a partir das sete da tarde no exterior da piscina municipal. O xoves mesma hora e mesmo lugar para outra compañía, As Sincronizadas, co espectáculo OhLimpiadas!.

Oroso Semana Cultural

Imaxe de arquivo

O venres 30 a música toma o protagonismo da semana con dúas actuacións. As nove da noite a Asociación Cultural amigos do acordeón de Sigüeiro Oroso e as dez a Orquestra Van Band. Ambas as dúas actuacións serán na praza de Isaac Díaz Pardo.

O martes 3 de setembro será un día para xogar. No exterior da piscina municipal e de 5 a 8 haberá inchables, obradoiros de móbiles de vento, táboa de surf, futbolín humano e granizados de xeo.

O mércores 4 tamén no exterior da piscina, a maxia ocupara desde as sete a mente do público. O mago cómico Dani García presenta o espectáculo Código.

Na Semana Cultural de Oroso non podían faltar os monicreques que chegará o xoves día cinco. Será de novo no exterior da piscina municipal a partir das sete. A compañía Mercromina presenta A familia Unida.

Oroso Semana Cultural

Imaxe de arquivo

O venres 6 será o punto e final cunha cita consolidada na programación cultural do concello. As oito ábrese o certame Gois Oroso Arte, será na praza de Isaac Díaz Pardo e contará coa actuación da Banda da Loba que presenta o seu primeiro disco “Bailando”.

Unha Semana Cultural de nome pero na práctica 8 días por diante para disfrutar de música, monicreques, excursións ou maxia no concello de Oroso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies