Bisbarra, 2 de maio do 2024 – O concello de Oroso inicia o proceso de licitación de melloras en tres puntos da rede viaria municipal por máis de cen mil euros.
As obras, unha vez adxudicadas por Oroso, mellorarán o lugar de Altiboa, na parroquia de Marzoa, que será pavimentado de novo na estrada que vai cara Carollo que está sen acabar.
Na parroquia de Gándara, no lugar de Piñeirón, ampliarase a pavimentación co obxectivo de anchear esta zona e a avenida de Castelao. Oroso acometerá, tamén na AV Castelao, melloras no pintado en na sinalización viaria ao ser o acceso principal á urbanización Porto Avieira.
Estas intervencións teñen como obxectivo optimizar a circulación e a seguridade viaria. O alcalde de Oroso, Alex Doval, explica que “Estas melloras son fundamentais para o desenvolvemento e progreso das nosas parroquias. Estas obras son un paso importante na dirección correcta para seguir mellorando as pistas de titularidade municipal”.
O rexedor confirma tamén que “temos varias obras pendentes de licitar que están á espera de obter os informes sectoriais correspondentes para continuar coa tramitación”.