Bisbarra, 3 de maio do 2024 – Doar sangue é unha boa acción que merece unha recompensa do máis doce e por iso un ano máis a Festa do Melindre colabora coa Axencia de doazón de Galicia.

Hoxe comezará na Coruña o reparto de “ricos”, os doces tradicionais exclusivos da terra de Melide, nos autobuses da Axencia de Doazón de Sangue. Unha acción que se estenderá tamén a Lugo e Santiago a seguinte semana.

É un xeito de colaborar coa Doazón ao tempo que se promociona a Festa do Melindre e a repostaría tradicional, que terá lugar en Melide os próximos días 11 e 12 de maio. Todos os doantes levarán un paquetiño con ricos de Melide. As datas na bisbarra son as seguintes

Santiago (Praza Roxa) Mércores 8 de maio: 15:30 a 21 h

Melide (Parque Rosalía de Castro, fronte ao centro multiusos e biblioteca municipal). Venres

10 de maio: 10:15 a 14 h e 16:15 a 21 h

En Galicia precísanse canda ano 125.000 doazóns de sangue. Para ser doante hai que ser maior de 18 e menor de 65 anos. Pesar máis de 50 Kg. Non estar embarazada nin ter dado a luz nos últimos nove meses. Non ter padecido hepatite ou convivir con pacientes que a padecesen nos últimos seis meses. Non ter padecido enfermidades infecciosas con febre e/ou tratada con antibióticos nos últimos quince días.

Informarse sobre o sida e estar seguro de non pertencer a ningún grupo de risco. Non residir nos últimos seis meses en zonas endémicas de paludismo.

Calquera dúbida sobre requisitos, enfermidades ou medicamentos débese consultar co médico que atende aos doantes. Dúbidas: 900 100 828 (gratuíto).

Esta acción non será a única que realizará o Concello de Melide, pois en breve comezará tamén a promoción dos produtos e do evento en varios restaurantes da provincia con chefs embaixadores da festa, e da que se informará polo miúdo nos próximos días.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies