Bisbarra, 8 de febreiro do 2024 – O concello de Oroso aprobou en pleno o Plan de Obras e Servizos da Deputación, POS, que supón máis de 250.000 euros de investimento.
O Plan de Obras recolle distintos proxectos de infraestruturas en disntias parroquias do concello e no núcleo urbano de Sigüeiro. Nos investimentos a realizar sinálanse a mellora da rede viaria municipal nos lugares de Vilacide de Arriba e Vilacide de Abaixo, na parroquia de Oroso; no lugar de A Costa, na parroquia de Trasmonte; e no Barreiro en Sigüeiro.
Outro dos proxectos a destacar é a construción dunha senda peonil que mellore a seguridade vial dos veciños nas vías de termo municipal e que transcorrerá de Valverde a Vilarelle na parroquia de Villarromarís.
O alcalde, Alex Doval, apunta que “estes investimentos melloran o nivel das infraestruturas que temos no concello e iremos paulatinamente adecentando e incorporando novos investimentos, especialmente naqueles lugares onde, por exemplo, o estado das vías que estiveron sen mantemento os últimos 20 anos polos anteriores gobernos locais que se encontran en peor estado”.