Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

Oroso leva o orzamento anual ao pleno do vindeiro luns

O concello de Oroso aprobará previsiblemente o seu orzamento anual no pleno do vindeiro luns.
imaxe do concello de Oroso

Bisbarra, 9 de maio do 2024 – O concello de Oroso aprobará previsiblemente o seu orzamento anual no pleno do vindeiro luns.

imaxe do concello de Oroso

Oroso bate un récord na partida de ingresos a consecuencia de distintas subvencións e liñas de financiamento procedentes de administracións públicas. Tamén inflúe en este aumento de ingresos o remate da bonificación do IBI da AP-9 e que suporá cerca de 264.000 euros.

O alcalde, Alex Doval, agradeceu ao alcalde de Abegondo, Jose Antonio Santiso Miramontes, xa que “foi o que fixo posible coas súas xestións o fin da bonificación da autopista e o aumento da recadación dos concellos”

Unha das principais liñas do orzamento será a dirixida ao emprego, fomentando a contratación de 25 persoas a través de plans como o PEL, da Deputación da Coruña, ou o APROL, da Xunta de Galicia. Obradoiros de Emprego ou contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero formarán parte tamén de esta partida.

Doval indica que “a maior política social é a do emprego e se somos capaces de incorporar este número de xente que ademais vai mellorar os servizos públicos que se fan dende o concello, estaremos na boa dirección tanto en política social como en funcionamento e xestión dende o concello”

Outra liña dos orzamentos de Oroso que crece é a da inversión social xa que os programas de conciliación e o gasto dedicado ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que o seu estudo económico valora en máis de 800.000 euros.

Co novo goberno ponse en marcha, por outra banda, o programa de financiación ás comisións de festas, unhas subvencións que permitiran, de maneira igualitaria, empregar ditos fondos a aquelo que os veciños consideren necesario.

No capítulo de investimentos cóntanse ata 37 actuacións proxectadas alcanzando os 1.7 millóns de euros. Por outra banda o Plan de Inversións do concello referente ao ano 2024 conta cun aporte que elevaría a contía a 2.5 millóns de euros pendentes de asignar os fondos correspondentes co remanente a do POS complementario.

Post navigation

Previous: Santiago acolle o Congreso nacional Enfermaría de Dermatoloxía, Dermatocosmética e Feridas
Next: Lavacolla bordea o colapso nas horas punta

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.