Bisbarra, 12 de setembro do 2022 – O Centro de Saúde de Sigüeiro acolle, ata o vindeiro día 30 de setembro, as 70 obras seleccionadas no certame “GóisOrosoArte”.
GóisOrosoArte” era inaugurada en Sigüeiro coa presenza do rexedor local, Luis Rey, e o seu homólogo de Góis, António Rui de Sousa Godinho Sampaio, ademais doutros membros da Corporación Municipal, algúns artistas participantes e unha nutrida presenza de veciños.
Na súa intervención, o rexedor local destacou a “boa saúde” desta iniciativa cultural, que cualificou como “o mellor froito do irmandamento do Concello de Oroso coa localidade portuguesa de Góis”, e comprometeu a implicación do goberno orosano para “seguir a potencialo nas vindeiras edicións”.