займ срочно

A Aula Mentor de Oroso abre as inscricións

0

Bisbarra, 8 de setembro do 2023 – A Aula Mentor de Oroso abre as inscricións nos máis de 200 cursos de formación en liña que se impartirán esta tempada.

O proxecto EducaOroso comeza a matriculación para unhas actividades nas que o alumnos estará en permanente contacto cun titor. A flexibilidade é unha das vantaxes da Aula Mentor xa que o estudante determina o horario e lugar onde realizar o curso, dende a súa casa ou acudindo á aula.

Existe unha ampla oferta formativa atendendo a todo tipo de necesidades e especialidades: coa opción de elixir entre cursos en aberto (gratuítos) e cursos con titor. Ao finalizar o curso o alumno recibirá unha certificación outorgada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Ademais na Aula Mentor o titor comprométese a contestar antes de 48 horas ás consultas dos alumnos. Con excepción de fins de semana, festivos e o mes de agosto.

A Aula Mentor EducaOroso está equipada cos elementos necesarios para realizar un curso Mentor (ordenadores, conexión a Internet, materiais, programas informáticos…) e conta co asesoramento dun profesor administrador (persoa responsable do funcionamento da aula).

Aula Mentor está dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos cun extenso catálogo de cursos cos que ampliar as súas competencias persoais e profesionais que lles permitan reforzar as posibilidades de empregabilidade.

Os cursos están referenciados ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais polo que existe a posibilidade de acumular e capitalizar aprendizaxes que son susceptibles de recoñecemento na educación regrada a través dos Procedementos de Avaliación e Acreditación de Competencias.

Actualmente o prezo do curso é de 24€ mensuais, sendo a matrícula inicial de dous meses (salvo nos cursos con certificación de 30 horas cuxa matrícula inicial é dun mes). Posteriormente poderás proseguir o cursos destinando máis tempo mediante recargas mensuais de 24€. Para obter máis información pódese acudir ao catálogo de cursos, cubrir o formulario de contacto na web do concello, ou escribir un correo electrónico a oroso@aulamentor.es .

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies