Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

Poda de seguridade na Carballeira de Santa Minia en Brión

 Tras a caída dunha rama dunha árbore que levou ao peche da Carballeira de Santa Minia o concello de Brión inicia unha poda de seguridade.
brion-poda-de-seguridade-en-santa-minia-slide-8-maio-2024_r

Bisbarra, 8 de maio do 2024 –  Tras a caída dunha rama dunha árbore que levou ao peche da Carballeira de Santa Minia o concello de Brión inicia unha poda de seguridade.

A poda en Santa Minia é unha das accións acordadas cos técnicos tras a caída de parte dun dos carballos o pasado mércores. O alcalde de Brión, Pablo Lago, explica que “os traballadores do GES de Brión, baixo as indicacións dos técnicos responsables, están a realizar unha poda das copas e das ramas máis elevadas para fortalecer as árbores e evitar novas caídas”.

Uns traballos para os que o GES brionés está a empregar o camión autoescada comprada polo Concello no verán de 2021, que está especialmente preparado para actuacións en altura e é equiparable aos vehículos existentes en calquera parque de bombeiros. A parte principal da poda en Santa Minia rematarase durante esta semana.

Toma de mostras

Os técnicos aproveitarán para tomar mostras dos carballos de Santa Minia, que serán enviadas a un laboratorio para determinar o seu estado sanitario. Estas mostras mandaranse en quendas de 10 en 10. Trátase dun traballo laborioso xa que de cada carballo teñen que tomarse tres mostras: da raíz, da terra e das ramas.

Os resultados das análises que se realicen tardarán en coñecerse un par de meses. Nese momento, o Concello de Brión poderá ter unha visión real e actual do estado sanitario das árbores e tomar a mellor decisión sobre como proceder con elas.

Polo momento a Carballeira de Santa Minia seguirá pechada or seguridade. Habilitáronse camiños seguros para acceder ás instalacións municipais que rodean a carballeira (biblioteca, Casa da Cultura, Aula CeMIT…). Brión procedeu ademais a cambiar de lugar todas as actividades inicialmente previstas na carballeira, como a Andaina Torres de Altamira, que se celebra este sábado e que se trasladou á praza contigua á carballeira, ao pé da rúa Gondar.

Estas análises buscan confirmar ou negar a presenza de Armillaria Mellea nas árbores, unha enfermidade para a que non hai cura posible e que provoca a putrefacción do sistema radicular do carballo e, en consecuencia, a súa morte por inanición ao non poder absorber nin a auga nin os nutrintes do chan. Este fungo xa ocasionou a retirada dunha ducia de carballos e do terreo da zona sur da carballeira, que foi substituído por nova terra e novos exemplares de carballo de 3 metros de alto.

Post navigation

Previous: Melloras de accesibilidade na estación de tren de Ordes e Cerceda
Next: Santiago acolle o Congreso nacional Enfermaría de Dermatoloxía, Dermatocosmética e Feridas

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.