займ срочно

Os plenos de Ordes seguen enfrontando a Uxo e os non adscritos co grupo de goberno

0

Ordes, 31 de xullo do 2017 – A minoría do grupo de goberno de Ordes e a intención de UxO e os non adscritos de xestionar desde a oposición podería levar ao concello a un conflito xurídico.

Cando no mes de xaneiro dous edís abandonaban o grupo de goberno de Ordes xa se podía intuír que non sería só para sentarse calados nos plenos. En maio Beatriz Candal presentaba unha moción na que instaban a rebaixa de impostos de bens inmobles, de actividades económicas e de vehículos que se vía complementada cunha proposta de UxO que marcaba cambios na regulación de contratos menores.

A aprobación das propostas deixaba unha duda xurídica, pode a oposición aprobar normativas de ese tipo cando non está gobernando? polo visto nos plenos extraordinarios da pasada semana os expertos consideran que non. O grupo de goberno presentou ata cinco informes de intervención e un dos servizos xurídicos da Deputación que indican que a oposición pode instar ao equipo de goberno pero este, dependendo do que se trate, non ten obrigación de acatar esas iniciativas, xusto o que fará o popular Martínez Sanjurjo que xa adiantou que non as executará. O goberno acudirá ademais a un recurso contencioso que delimite de xeito definitivo quen ten a razón.

dav

Pero as críticas ao grupo de goberno non chegan só da parte dos non adscritos e de UxO. O BNG propuxo a reprobación de susana García polo constante incumprimento do regulamento do consello escolar. Os nacionalistas pediron ata en cinco ocasións que se presentara o informe sobre o ensino no concello sen conseguilo. Finalmente o voto de calidade do alcalde librou da reprobación a concelleira aínda que en calquera caso non serviría de moito xa que non levaría ningunha obriga administrativa.

Veremos que sucede en agosto, unha vez descartada a moción de censura e aprobados os orzamentos veremos si a oposición se dará por vencida ou levará máis mocións con propostas de cambios aos plenos.

Aprobacións

Pero os plenos de Ordes deixan tamén cousas avanzadas. Aprobouse por unanimidade a construción dunha senda peonil e cilcista que dé continuidade a xa existente entre O Paraíso e o lugar de A Costa, así como á execución dun paso seguro para os peóns entre a dita senda e o paseo Iván Raña.

O grupo socialista tamén acadou o consenso de todos os grupos para instar á Xunta de Galicia o establecemento de medidas urxentes e extraordinarias para a atención dos galegos residentes en Venezuela. A finalidade pasa por establecer unha liña de axuda humanitaria para o abastecemento de medicamentos e artigos de primeira necesidade. Neste punto o voceiro Alejandro Manteiga non tivo reparo en aceptar a emenda presentada polo equipo de goberno para sexa a Xunta de Galicia a que determine as medidas concretas para cumprir cos obxectivos marcados, sen a necesidade de establecer previamente unha partida orzamentaria predeterminada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies