займ срочно

Regos réndese a realidade

0

Ordes, 7 de setembro do 2017 – O portavoz de Uxo, Manolo Regos, asume a súa minoría e os informes xurídicos do concello para retirar as alegacións presentadas aos orzamentos do concello.

O pleno de Ordes oficializou a marchar de Silvia Marín e Lucía Iglesias, e o paso ao grupo de non adscritos de Roberto González o que deixa a Manolo Regos coa única compañía, polo momento, de José Luís Gómez. Esa minoría e os informes xurídicos presentados polo equipo de goberno, algún dos que advertía da posibilidade de incurrir en prevaricación, foron determinantes para que UxO, Manolo Regos, retirará as alegacións que bloqueaban os orzamentos municipais.

Aínda con esta complexa distribución de forzas os primeiros non adscritos da lexislatura, Beatriz Martínez e Luís Caamaño, foron os únicos que non votaron a favor da retirada enrocándose nunha posición cando nin o seu antigo xefe o fixo.

Con esta sesión péchase periplo duns orzamentos que ascenden a máis de 9 millóns de euros. Naceron vinculados a unha moción de confianza en xuño e aprobados inicialmente un mes despois, as alegacións agora retiradas dilataron a súa entrada en vigor ata hoxe en día e terán que esperar para ser publicados de novo no Boletín Oficial da Provincia.

Esta man da partida foi gañada polo alcalde José Luís Martínez pero a chegada de novos concelleiros a UxO ou calquera proposta da oposición poderían meter nun novo conflito a corporación ordense.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies