займ срочно

A Orquesta Mondragón protagonista das Festas de Ordes

0

Ordes, 8 de agosto do 2019 – O concello de Ordes preparase para unha semana de festa e diversión que terá como remate a un dos grupos máis lonxevos do panorama nacional: a Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga a fronte.

As festas patronais na honra de Santa María terán tamén as mellores orquestras, ademais da Mondragón, e os mellores pica discos. Serán cinco días de celebración pola que a veciñanza agarda cada ano.

O martes, 13 de agosto, a partir das 23.30 horas, a alameda de Ordes converterase nunha gran pista de baile coa actuación DJ´s no Camiño. Unha cita que conta cun cartel de luxo formado por Magán, CDC D´JS e David Expósito. Non faltarán gogós, lanzamento de agasallos, fogos artificiais e moito máis.

orquesta modragónA sesión vermú  do mércores, día 14, estará amenizada pola orquestra Compostela, que volverá a repetir pase pola noite a carón da París de Noia.

No día grande de celebración a gran protagonista será a patroa de Ordes, a Santa María. Ese xoves a misa solemne arrancará ás 12 horas e contará posteriormente coa tradicional procesión. Os gaiteiros e cabezudos de Cultural Espadana darán conta dende ben cedo de que se trata dun día de festa por todo o alto. Ademais a Banda de Música de Teo ofrecerá un concerto na alameda para darlle paso á orquestra Trovadores, que serán os encargados de facer bailar a todos e a todas tanto a mediodía como na verbena nocturna, neste último caso acompañados por Los Satélites.

susana seivane O venres día 16 o Concello renderalle unha especial homenaxe aos seus emigrantes. Este ano estarán representados por Dolores Carrera Viqueira, quen acudirá coa su familia tanto aos actos relixiosos que darán comezo ás 13 horas como a ofrenda floral que terá lugar posteriormente ante o monumento ao emigrante. A nota musical nesta xornada virá dada pola Banda de Música de Ordes, a orquestra principal e o Combo Dominicano.

Seivane e Gurruchaga

O último día de festexos, o sábado 17, a orquestra Paraíso actuará a mediodía. Entrada a noite a gaiteira Susana Seivane xunto a Javier Gurruchaga e a Orquestra Mondragón serán os protagonistas do III Festival Sons de Ordes.

Ademais de todo isto tamén haberá feira de artesanía ao longo de todos estes días. O lugar onde si instalarán os máis de 30 postos inscritos ata o de agora será no parque da Constitución.

Para colaborar de xeito particular coas festas patronais pódese facer un ingreso na conta da Asociación Cultural e de Festexos da Vila de Ordes, Banco Santander ES34-0238-8188-2506-0105-1240.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies