займ срочно

Concello de Ordes e empresarios locais analizan o aumento de solo industrial  no municipio

0

Ordes, 7 de novembro do 2018 – Un grupo de empresarios de Ordes acudiron a unha reunión de traballo no concello na que se tratou, entre outros temas, a ampliación dos polígonos industriais no municipio.

O encontro cos empresarios contou coa presenza da alcaldesa en funcións, Ana Soneira, o concelleiro de Industria, José Manuel Rodríguez; ademais de José Luis Martínez Sanjurjo. Por parte da Xunta de Galicia acudiu o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Isidoro Martínez. Por último tamén interveu José Antonio Redondo, presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (AJE-Galicia).

Nova sede oficial

Desde o goberno ofreceron aos empresarios unha nova sede que se situaría no antigo centro comarcal, pechado desde hai varios anos. José Luís Martínez Sanjurjo lembroulles “a posibilidade de poder obter ingresos co aluguer do servizo de cafetería”, así como a redución de gastos “no caso de levar a cabo pequenas intervencións en prol da eficiencia enerxética”. Para concretar este e outros aspectos este próximo sábado, 10 de novembro, ás 13 horas, no mesmo inmoble, haberá unha xuntanza para todos os empresarios e empresarias que queiran acudir. Tanto o representante da Xunta como o de AJE lembraron que a hora de pedir axuda das institucións é sempre mellor acudir unidos.

Polígono Industrial de Merelle

No que se refire á ampliación da superficie do polígono industrial de Merelle esta sitúase en máis de 200.000 metros cadrados, que se sumarían aos preto de 164.000 actuais. José Luis Martínez supeditou este proxecto á aprobación do PXOM, “que confío estea para o 2021, polo que poderiamos ter rematadas as obras en 2024 aproximadamente”. Un proxecto de vital importancia se se ten en conta que a día de hoxe Ordes carece de solo industrial tras a recente adquisición da última parcela libre do polígono.

Plan sectorial

Ademais de para o de Merelle, tamén destacou a importancia do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia na futura construción do polígono de Pardiñas, que contaría cunha superficie de 459.000 metros cadrados. No caso de ambos destacouse “a súa excelente situación xeográfica como un dos máximos atractivos para calquera empresario ou empresaria”; segundo José Luis Martínez. “As distancias con cidades e capitais de provincia, a proximidade dos tres aeroportos e dos portos exteriores da Coruña e Vigo, así como das principais vías de comunicación como a N-550, AP9 e A6 fan de Ordes un lugar único”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies