займ срочно

Ordes despediu Unha viaxe pola Cultura antes de meterse en festas

0

Ordes, 14 de agosto do 2017 – O concello de Ordes despediu o programa de actividades que animou as tardes dos cativos durante as últimas semanas baixo o título de Unha viaxe pola Cultura.

Monicreques, obradoiros, maxia ou circo foron algúns dos espectáculos que pasaron pola alameda ordense e que engaiolaron a toda a rapazada da vila. Entre as actividades tívose incluso unha sesión pensada especialmente para bebés na que a música e os instrumentos de música máis tradicionais foron a peza fundamental do espectáculo.

AO espectáculo Pistactiva, baseado en números circenses e espectaculares acrobacias, tocoulle poñer o broche final a tarde de onte a Unha viaxe pola cultura.

Unha viaxe pola Cultura estivo organizado desde o departamento de Cultura do concello e o plantexamento vai máis alá de este verán xa que pensouse como unha actividade a repetir o vindeiro ano. Este xeito de traballar en bienios permite corrixir os posibles erros ou mellorar as actividades buscando aquelas que máis gustaron en esta edición de xeito que no 2018 se consiga incrementar a participación.

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”44″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

 

Share.

Comments are closed.