займ срочно

Consenso en Ordes sobre o uso dos fondos da Deputación

0

Ordes, 29 de maio do 2020 – Ordes decidiu, nun pleno extraordinario, o destino dos fondos dos Plans de Obras e Servicios Adicionais, POS+, da Deputación da Coruña.

A Deputación asignara ao concello algo máis de 66.000 euros no primeiro dos POS+ e outros 248.000 no segundo deles, podendo dedicalos a gastos correntes derivados da pandemia ou a obras.

Unanimidade da corporación

As decisións tomáronse por unanimidade de todos os grupos da corporación, PP, UXO, Psoe e BNG. O POS+ 1 foi destinado á compra de medios de prevención do Covid19, algo valorado positivamente polos voceiros dos grupos da oposición. A cantidade concreta que se destina é de 66.254,73 €.

En relación con Plan Provincial de Cooperación para as Obras e Servizos de Competencia Municipal Adicional (POS+ Adicional 2/2020), os  cartos irán destinados integramente para gasto corrente e así sufragar os distintos servizos, especialmente aqueles que reflicten déficit nos orzamentos municipais. A cantidade concreta en este caso ascende a 248.455,23 €.

Consenso en Ordes sobre o uso dos fondos da DeputaciónNeste eido as contan detallan unha previsión de gasto para o vixente ano de 1.376.910,22 € (limpeza viaria: 208.395,41 €; recollida domiciliaria de lixo: 375.505,66 €; servizo público de subministración eléctrica: 249.450 €; mantemento dos accesos aos núcleos de poboación 100.000 €; biblioteca: 47.103,88 €; parques públicos 30.000 €; tratamento de residuos: 366.455,27 €). Considerando que os ingresos previstos  (públicos ou privados) son 575.068,53 €, a estimación total de gasto corrente a financiar polo Concello en 2020 ascende a 801.841,69 €.

Petición ao goberno central

O terceiro punto na orde do día foi a proposta de Alcaldía para instar ao Goberno de España a garantir a autonomía das entidades locais na xestión dos seus recursos foi o último punto da orde do día. Unha alegación baseada nos artigos 137 e 142 da Carta Magna, así como na regulación lexislativa. Este é o caso da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, en cuxo artigo 105 se establece “a dotación ás Facendas locais de recursos suficientes para o cumprimento dos fins das entidades locais”.

No texto presentado e defendido pola voceira do Goberno local, Susana García, critícase “o impago inxustificado do IVE do mes de decembro de 2017”. Tamén o acusa de pretender apropiarse do superávit do ano 2019 xerado polas entidades locais, así como dos recursos depositados en entidades bancarias. En total o Ministerio de Facenda cifra en 31.839 millóns de euros esta cantidade.

Deste xeito solicítaselle ao Goberno central “non apoderarse dos aforros das entidades locais” valéndose do estado de alarma proclamado, “respectando as leis que lles garanten a xestión dos seus recursos”. Entre outros puntos tamén se reclama “unha maior flexibilidade das regras para poder facer uso dos superávits de cara a poder implementar servizos e medidas contra a pandemia”. No caso de “pretender modificar algunha lei desta índole” demándase “que se leve a cabo a través do Congreso dos Deputados”.

Na súa quenda de palabra Pablo Vidal (BNG) amosou a súa contrariedade “a que sexa o partido que sacou adiante a Lei Montoro o que faga tal petición”. Vidal destacou que o mellor para permitir que as entidades locais poidan xestionar ao seu criterio os seus recursos propios é a “derrogación” da dita lei, “que obriga a pagarlles aos bancos antes que investir na xente”.

Pola súa banda, Fernando Viqueira (PSOE) mostrouse “partidario ante toda medida que contribúa a paliar as consecuencias negativas da pandemia”, e incidiu na importancia de deseñar “medidas de conciliación. Especialmente aquelas orientadas aos fogares con rapaces e rapazas en idade escolar onde ambos os proxenitores traballan”.

Susana García lembrou o incremento orzamentario aprobado e aplicado pola Xunta de Galicia ante a actual situación de crise sanitaria e económica e defendeu o modus operandi do seu partido. “Nós non somos os que teñen que sufragar o déficit público provocado polo estado e que por primeira vez dende o ano 2012 se viu incrementado”, asegurou.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies