Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes
  • Xeral

Demandan transparencia na tramitación do Plan Xeral de Ordes

O BNG de Ordes demanda información sobre a tramitación e o estado do Plan Xeral de Ordenación Urbana, PXOM, do municipio.
ordes-bng-pxom-slide-normal-7-xullo-2023_r

Bisbarra, 7 de xullo do 2023 – O BNG de Ordes ven de rexistrar unha solicitude no concello na que demandan información sobre o estado do Plan Xeral de Ordenación Urbana, PXOM.

Na solicitude rexistrada os nacionalistas requiren ademais que lles remitan “comunicacións, requirimentos ou resolucións que puidese efectuar a consellería competente en materia de urbanismo da Xunta de Galiza, en referencia á aprobación provisional do PXOM”.

O portavoz do BNG, Pablo Vidal, manifesta que “a día de hoxe, supéranse amplamente os catro meses desde a aprobación provisional do documento, prazo legal no que a consellería competente debera ter emitido a correspondente resolución”.

Para Vidal non resulta de recibo que “transcorrido este tempo, tanto a veciñanza como a corporación municipal, carezamos por completo de información ao respecto da tramitación do PXOM”

Nese sentido, desde a fronte nacionalista demandan ao alcalde “un exercicio de transparencia, informando axeitadamente á veciñanza sobre o estado no que se atopa a tramitación do PXOM”.

Post navigation

Previous: Impulsan a creación de asociacións de veciños e comerciantes no Milladoiro
Next: Ecoloxistas en Acción tapona as verteduras da mina de San Finx

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.