Ordes, 3 de agosto do 2017 – Ata o vindeiro 11 de agosto o Concello de Ordes desenvolverá unha iniciativa de carácter familiar que combina distintas actividades, a maior parte ao aire libre, baixo o nome de Unha viaxe pola cultura.
O programa está deseñado pola área de Cultura do concello e ten particularidade de que está pensado non so para este ano se non tamén para o 2018.
A continuación tedes as actividades que no caso de chuvia trasládanse a Casa da Cultura ou ao lugar definido polo concello en cada caso:
[columns]
[column size=”1/2″]Xoves, 3 de agosto, ás 20 horas na alameda, concerto de Uxía lambona e a banda molona.
Venres, 4 de agosto, ás 17 horas no Campo da Feira, Día do neno e da nena. (En caso de chuvia trasladarase ao pavillón Campomaior).
Sábado, 5 de agosto, ás 20 horas na alameda. Día das Bandas.
Domingo, 6 de agosto, ás 20 horas na alameda, Encontro folclórico.
Luns, 7 de agosto, ás 18 e ás 19 horas, no parque da Constitución, espectáculo para bebés Percubebé. Para poder asistir é necesario inscribirse previamente no Concello ou chamando ao 981680002 ext. 4. Ademais ás 21 horas na Casa da cultura teatro para adultos, coa obra Quen enterra un enterrador?[/column]
[column size=”1/2″]Martes, 8 de agosto , ás 20 horas na alameda Cocoroco, espectáculo de monicreques.
Mércores, 9 de agosto, ás 20 horas na alameda O pallaso Piter presenta, espectáculo de clown.
Xoves, 10 de agosto, ás 21 horas na alameda II Festival de Jazz, a cargo da Escola Municipal de Música.
Venres, 11 de agosto, ás 20 horas na alameda combinado de circo galego, espectáculo de variedades baixo o título de Pistactiva.[/column]
[/columns]