займ срочно

Ordes recibirá 35.000 € anuais da Central térmica de Meirama

0

Ordes, 23 de febreiro do 2018 – O Ministerio de Facenda e Función Pública e a Xerencial Rexional do Catastro de Galicia veñen de confirmarlle ao Concello de Ordes a modificación catastral dos límites dos terreos onde se sitúa o ben inmoble de características especiais (BICE) da central térmica de Meirama, tal e como se solicitara dende a Administración local ao remate do ano 2016.

Tras as comprobacións realizadas notifícase que o deslinde oficial, segundo o Instituto Xeográfico Nacional entre os municipios de Carral e Ordes, a parcela coa referencia catastral 6904601NH4860S0001FB, de 580.075m², sitúase sobre terreos pertencentes aos municipios de Cerceda, Carral e Ordes. Neste último caso a dita parcela ocupa unha superficie de 18.957m². En termos económicos hai que falar dun recoñecemento anual a favor do Concello de Ordes do 3,20 % anual sobre o Imposto de Bens Inmobles (IBI), o que suporá uns ingresos de 30.333,78 euros. A maiores hai que sumarlle a estimación de arredor de 5.000 euros, provenientes do Imposto de Actividades Económicas (IAE).

Revisión taxa do 1,5% e taxa do réxime xeral

O Concello de Ordes está estas semanas ultimando a redacción da ordenanza reguladora da taxa por ocupación do subsolo, solo e voo no seu réxime xeral, un texto que agarda poida ser sometido a aprobación nos vindeiros meses en sesión plenaria. Unha medida que permitirá, a maiores, incrementar os ingresos públicos a través das taxas aplicadas en base ao transporte de determinadas subministracións como electricidade ou gas. A dita previsión vén fundamentada polos recentes pronunciamentos favorables ás Administracións por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A chamada ‘Taxa 1,5%’ supón que a día de hoxe o Concello de Ordes teña recoñecidas xa unhas liquidacións ao seu favor de 14.381 euros, barallándose unha estimación total para este ano de 30.000 euros. Unha cifra resultante do carácter retroactivo dos ditos pagamentos. Finalmente os cálculos sitúan en arredor de 9.000 euros anuais o incremento final a percibir por parte do ente local por este concepto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies