Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Tordoia

Onte produciuse o pasamento de Antonio Pereiro Liñares, alcalde de Tordoia

falece-o-alcalde-de-tordoia-slide-5-defebreiro-2019_r

Tordoia. 5 de febreiro do 2019 –  O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, faleceu na madrugada de onte aos 68 anos como consecuencia dunha leucemia contra a que levaba loitando seis anos.

A enfermidade non lle impediu a Antonio Pereiro exercer o seu labor á fronte do concello ata que hai uns días ingresou de novo no Hospital Clínico ao agravarse o seu estado.

Antonio Pereiro Liñares

A súa esposa,  Gabina Liñares, e os seus dous fillos, trasladaron o agradecemento da familia a todo o equipo de Hematoloxía e Oncoloxía do CHUS polos esforzos realizados e o trato recibido. Os restos mortais están a ser velados no tanatorio de San Xulián de  Pontepedra, onde hoxe celebrarase o funeral, na igrexa parroquial, a partir das 17.00 horas.

Antonio Pereiro Liñares naceu en Tordoia en 1950 e durante toda a súa vida profesional estivo ligado ao concello. Con 18 anos, en agosto de 1958, gañou por oposición unha praza auxiliar administrativo e en 1982 ascendeu ao corpo administración xeral do consistorio. En 1995 daría o salto á política, encabezando unha lista independente que conseguiu cinco concelleiros, estando a piques de arrebatar a alcaldía a outro dos alcaldes históricos do municipio,  Andrés García Lamas.

Nas eleccións de 1999, como candidato do Partido Popular, obtivo 10 concelleiros, unha ampla maioría absoluta que lle converte en alcalde de Tordoia, cargo que revalidaría durante o seguintes catro citas electorais. Recentemente Antonio Pereiro era confirmado de novo como candidato do PP para as eleccións municipais de maio.

Un dos seus últimos logros como alcalde foi a aprobación definitiva do primeiro Plan  Xeral de Ordenación Municipal, ratificado pola Xunta o pasado mes de decembro.

Desde que se coñeceu a noticia do seu falecemento, a familia recibiu numerosas mostras de afecto, tanto de representantes do Partido Popular, alcaldes de diferentes partidos, como de veciños do municipio. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o do Partido Popular na Coruña, Diego Calvo, foron algunhas das persoas que mostraron as súas condolencias, tanto persoalmente á familia, como a través das redes sociais.

Post navigation

Previous: O Santiago Rugby segue aspirando aos play off
Next: O Entroido do Ulla terá este ano 50 xenerais infantís

Máis novas

bisbarra vertido tordoia 17 setembro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mantense a preocupación polo vertido de Tordoia

xunta-tordoia-centro-sociocultural-slide-8-de-decembro-do-2024_r
1 minute read
  • Ordes

Máis dun millón de euros de investimento en Ordes e Tordoia

mancomunidade-ordes-terra-activa-slide-19-xullo-2023_r
2 minutes read
  • Axenda

Nace Terra Activa, unha iniciativa para promocionar a Mancomunidade de Ordes

Via-verde-slide-20-febrero-2023_3784_r
4 minutes read
  • Cerceda

A Vía Verde Compostela Tambre Lengüelle, unha realidade cun futuro prometedor

oroso-via-verde-slide-31-xaneiro-2022-(1)_r
4 minutes read
  • Cerceda

Presentase o último tramo da Vía Verde que unirá Compostela con Cerceda

Concello de Tordoia DSC_0176 slide_r
1 minute read
  • Tordoia

Deputación e concello de Tordoia mellorarán o acceso ao núcleo de Piñeiro

psoe-tordoia-deputacion-slide-normal-16-novembro-2021_r
2 minutes read
  • Tordoia

Melloras na estrada que de Tablilla a Agromestre en Tordoia

tordoia-psoe-asfaltado-pistas-concentracion-slide-26-xaneiro-2022_r
2 minutes read
  • Tordoia

Piden o asfaltado das pistas da concentración de Tordoia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.