Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Cerceda
  • Compostela
  • Ordes
  • Oroso
  • Tordoia
  • Xeral

Presentase o último tramo da Vía Verde que unirá Compostela con Cerceda

Onte presentáronse as dúas fases da Vía Verde que unirá Santiago de Compostela con Cerceda, alcanzado cerca dos 30 quilómetros de percorrido.
oroso-via-verde-slide-31-xaneiro-2022-(1)_r

Compostela, 15 de febreiro do 2023 – Onte presentáronse as dúas fases finais da Vía Verde que unirá Santiago de Compostela con Cerceda, alcanzado cerca dos 30 quilómetros de percorrido.

A Deputación dará o visto bo, no plenario de este mes, a un investimento que servirán para licitar o primeiro dos dous tramos dos que consta a Vía Verde no termo municipal compostelán. O orzamento para ese primeiro tramo divídese en 500.000 euros achegados polo ente provincial, e 300.000, polo Concello.

En Santiago reuníronse para presentar o proxecto o Delegado do Goberno, José Miñones; o Presidente da Deputación, Valentín González; O Vicepresidente do ente provincial, Xosé Regueira; os alcaldes Xosé Sánchez Bugallo, Santiago; Juan Manuel Rodríguez, Cerceda; Antonio Pereira, Tordoia; e Luís Rey, Oroso; a concelleira de Medio Ambiente de Santiago, Mila Castro; ademais do presidente da Asociación de Concellos da Vía Verde, Antonio Leira.

José Miñones
Xosé Regueira
Xosé Sánchez Bugallo
Antonio Leira
Valentín González

No acto salientouse que en breve sairá a licitación a obra do primeiro tramo da Vía Verde ao seu paso polo concello de Santiago. A Deputación da Coruña levará a cabo as actuacións de contratación, execución e dirección das devanditas obras.

A segunda fase do tramo compostelán suporá outros 800.000 euros de investimento, dos que 300.000 euros serán aportados polo Plan de Sostibilidade Turística en Destino, presentado no acto; 250.000 euros investidos pola Deputación da Coruña e 250.000 euros máis do Concello de Santiago. Actualmente a Fundación Ferrocarriles Españoles está adaptando o proxecto, seguindo a mesma liña que nos restantes tramos.

Proxecto de acondicionamento da Vía Verde

O proxecto da Vía Verde ten por obxecto o acondicionamento deste trazado ferroviario da liña Santiago – A Coruña entre as inmediacións da antiga estación da Sionlla de Abaixo e o límite do termo municipal co concello de Oroso, nas inmediacións do núcleo de Sigüeiro e nas proximidades de Bálsoma.

Actuarase na primeira fase sobre 2,165 quilómetros, que non producirán afección algunha sobre bens de interese cultural ou xacementos arqueolóxicos, xa que non afecta directamente a ningún elemento catalogado, ao discorrer o proxecto sobre a plataforma xa existente do antigo ferrocarril.

O primeiro tramo a rehabilitar contempla un trazado no que se atopan dous túneles. Un a medio quilómetro da estación da Sionlla, que discorre baixo a N-550 e conta con 454 metros de lonxitude, que se atopa nun bo estado xeral, segundo o informe do proxecto, aínda que presenta filtracións, máis importantes nos longos períodos de choiva.

O segundo túnel, de 385 metros de lonxitude, transcorre baixo o Monte Cacheiro e o Camiño de Santiago Inglés, na variante de Agualada. Atópase máis deteriorado que o anterior, cun nivel elevado de filtracións de auga.

Entre as actuacións que se van realizar figura a roza e retirada de vexetación, cascallos e lixos, no seu caso; o reperfilado e nivelación da capa de balastro existente; o estendido e compactación dunha capa de zahorra de espesor medio de 15 cm.; e o perfilado e execución de cunetas.

As solucións sinaladas aseguran unha gran accesibilidade, xa que permiten o percorrido de todo tipo de bicicletas, de cadeiras de rodas, de carriños de bebés e de persoas con minusvalías. A maiores, confire un gran atractivo á Vía Verde, pois permite que os usuarios a perciban como un “novo produto”, perfectamente definido e diferente doutros existentes, e que facilita o percorrido e acceso aos puntos de interese.

Tamén está prevista a instalación de elementos de protección, como varandas, elementos de sinalización e elementos auxiliares, como indicación de puntos quilómetricos, pivotes extraíbles, aparcabicicletas e bancos e mesas nas áreas de descanso; e a iluminación dos túneles con lámparas leds, alimentadas por paneis solares.

Post navigation

Previous: Melide reclama da Xunta máis investimentos nos centros educativos
Next: Ames disporá de máis de un millón de euros grazas ao Plan Único da Deputación

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.