займ срочно

Comezou unha nova Olimpíada Solidaria de Estudo

0

Compostela, 5 de novembro do 2017 – Un ano máis, a USC súmase á Olimpíada Solidaria, unha campaña de sensibilización e solidariedade pola que por cada hora de estudo do alumnado en bibliotecas dos campus de Santiago e Lugo as entidades colaboradoras doarán un euro para o desenvolvemento de proxectos solidarios.

A Olimpíada Solidaria, creada pola ONGD Coopera, comeza hoxe e estenderase ata o día 5 de decembro coordinada na USC polo Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU).

Nesta ocasión, as horas de estudo que se contabilicen en Galicia servirán para lograr a reinserción escolar de menores que foron vítimas dos grupos armados e dos conflitos bélicos que seguen activos en Kivu Sur, na República Democrática do Congo. O proxecto garantirá que estes menores regresen á escola e finalicen un ciclo educativo completo, asumindo para iso os seus gastos de escolarización (matrícula, taxas, uniformes e material escolar) durante un mínimo de tres anos.

Para facer o cómputo total das horas, habilitouse en cada centro un terminal informático, no que o alumnado ten que introducir a súa Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) á entrada e saída das salas de estudo. Para que se poida realizar o cómputo deberase acumular como mínimo unha hora e un máximo de catro, período logo do que deberían volver introducir a tarxeta se queren seguir contabilizando horas.

A USC habilitou para o proxecto as zonas de estudo das bibliotecas de Formación do Profesorado e de Veterinaria e na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo. En Compostela, a Biblioteca Xeral e a Concepción Arenal, así como a Escola Técnica Superior de Enxeñaría e as facultades de Bioloxía, Ciencias da Comunicación, Ciencias da Educación (Campus Norte), Ciencias Económicas e Empresariais, Farmacia, Filoloxía, Filosofía, Física, Matemáticas, Medicina, Psicoloxía e Ciencias da Educación, Química e Xeografía e Historia.

Para acadar máis información poden dirixirse a Ernesto Gómez, axente de voluntariado do Servizo de Participación e Integración Universitaria e coordinador da Olimpíada na USC no teléfono 881.812.858 ou no correo electrónico sepiu.santiago@usc.es.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies