Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • O Pino
  • Touro

Clausurado o obradoiro de emprego O Pino – Touro

o pino clausura obradoiro emprego slide 25 marzo 2017_r

O Pino, 25 de marzo do 2017 – Os alcaldes de O Pino e Touro, Manuel Taboada e Ignacio Codesido animaron aos alumnos participantes no obradoiro de emprego Tambre-Ulla a crear as súas propias empresas.

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, invitounos a seguir en contacto cos servizos de emprego dos concellos e poder así aproveitarse das axudas que o Goberno galego ten para os autónomos, recordando que a Xunta amplía ata os 18 meses a tarifa plana de 50 euros nas cotas da Seguridade Social.

Estes foron os mensaxes principais que as autoridades trasladaron na casa da cultura de Arca durante a clausura oficial do obradoiro de emprego que desenvolveron os concellos de O Pino e Touro e no que participaron 20 desempregados, catro dos cales xa están traballando. Durante 6 meses, os asistentes formáronse en instalación e mantementos de xardíns e zonas verdes (10 alumnos) e en repoboación forestais e tratamentos silvícolas.

Manuel Taboada destacou o feito de que catro dos participantes xa atoparon un emprego, e animou aos asistentes á formación a converterse en emprendedores. “Despois da saúde, o máis importante é o traballo”, indicou o alcalde do Pino, que agradeceu aos alumnos “o traballo que fixestes estes meses, que queda aí para que o poidan disfrutar os veciños”. Ao mesmo tempo, Taboada anunciou que solicitarán outro obradoiro de emprego para formar aos veciños do Pino que non teñen traballo.

Pola súa banda, Ignacio Codesido tamén animou aos participantes no obradoiro de emprego a “facerse autónomos e crear empresas que den servizos aos veciños, porque fixestes traballos moi importantes”. Codesido tamén anunciou que solicitará outro obradoiro de emprego, enfocado en servizos sociais e no mantemento do xa realizado.

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, sinalou que tanto os veciños como as empresas “vanse fixar, e moito, en todo o traballo que fixestes, e esa e a vosa mellor carta de presentación para atopar un emprego”.

Destacando as aportacións dos dous concellos participantes, Rodeiro recordou que a Xunta fixo unha achega a este obradoiro de prego de preto de 180.000 euros, e animou aos alumnos a seguir vinculados cos servizos de emprego dos seus concellos para estar “informados tanto das ofertas de empresas como das achegas para emprendedores”. Neste senso, recordou que a Xunta está a piques de publicar novas axudas para traballadores autónomos. Tamén fixo mención a que o Goberno galego amplía en seis meses a tarifa plana para novos autónomos nas cotas á Seguridade Social. “Deste xeito, podedes estar 18 meses pagando so 50 euros se vos animades a facervos autónomos”.

Para Rodeiro Tato, un dos obxectivos dos obradoiro de emprego “é axudar a mellorar a formación e o currículo dos participantes, para que poidan ter máis oportunidades de atopar un posto de traballo”.

No obradoiro de emprego Tambre-Ulla I participaraon 5 mulleres e 15 homes. Todos eles recibiron onte o diploma acreditativo e máis o certificado de profesionalidade.

Dirixido por Javier Suárez García, contou con un 1 monitor por cada unha das especialidades, unha administrativa, unha titora e unha orientadora laboral. Ademáis da aprendizaxe práctica, os participantes tamén recibiron formación en prevención de riscos laborais (60 horas); informática (30 horas); sensibilidade en igualdade de xénero (16 horas); sensibilidade medioambiental (9 horas) e orientación e xestión empresarial (70 horas).

Durante estes seis meses, no concello do Pino fixeron tarefas de mantemento nas áreas recreativas e nas carballeiras da Madalena, Ponte da Pedra, Vimieiro, San Sadurniño, Vilar de Ferreiros e Susos.

No concello de Touro acondicionaron unha ruta de sendeirismo, arreglaron o entorno da fervenza do río Puxeiro, melloraron o entorno das piscinas e da casa da cultura e fixeron tarefas de mantemento nos xardíns municipais de Fonte Díaz.

Post navigation

Previous: O BNG de Padrón pídelle ao Partido Galeguista que explique porque antes non valía o PP para gobernar e agora si
Next: Adif súmase á “A Hora do Planeta” apagando a iluminación das estacións da Coruña e Santiago

Máis novas

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Estrada de Touro, imaxe de arquivo
2 minutes read
  • Xeral

Touro consegue sacar adiante o POS adicional 2025 da Deputación da Coruña

Momento da entrega da documentación do Pazo de Andeade ao Arquivo Universitario
4 minutes read
  • Xeral

O fondo documental do Pazo de Andeade incorpórase ao Arquivo Histórico universitario

Un momento da sesión plenaria no concello do Pino
4 minutes read
  • Xeral

O Pino cobrará o recibo da auga cada 2 meses e apraza a taxa de sumidoiros

Vista actual da mina de Touro
3 minutes read
  • Xeral

Touro ofrece á veciñanza modelos de alegacións contra o proxecto mineiro

Imaxe da Ponte das Canizas no concello do Pino
2 minutes read
  • Xeral

Alertan do perigo de derrube da Ponte das Canizas no Pino

Cartel nunha manifestación en contra da reapertura da mina de Touro
3 minutes read
  • Xeral

A reapertura da mina de Touro de novo unha posibilidade

Terreos da nova deputradora de O PIno
3 minutes read
  • Xeral

O Pino terá que devolver o cobrado polo saneamento

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.