займ срочно

O XXIII Festival Galicreques

0

Compostela, 10 de outubro do 2018 – O Festival Internacional de Títeres Galicreques celebrará a súa 23ª edición entre o 13 e 21 de outubro de 2018 cunha ampla programación que este ano estenderase a Coruña e Vigo con 10 funcións en estas cidades.

Galicreques contará cun marcado carácter internacional ao traer a Santiago de Compostela compañías procedentes de Arxentina, Brasil ou Venezuela, ademais de formacións galegas e do resto do estado español. O festival está organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde coa colaboración do Concello de Santiago, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Instituto Nacional de Artes Escénicas e Musicais (Inaem), a Deputación da Coruña e a Fundación SGAE.

Estreas e espectáculos ineditos en España

A programación de este ano incluirá tres estreas absolutas e un total de 12 obras nunca vistas antes en España. Deste xeito, o Festival consolídase u como porta de entrada de compañías internacionais ao circuíto tanto galego coma estatal. A primeira estrea en España chegará na propia presentación do Galicreques, que se celebrará o sábado 13 de outubro ás 17.00 horas no Teatro Principal. O seu escenario acollerá a primeira representación de El Alguacil Buñuelo, dos ecuatorianos Titiritainas. Xa ás 20.30 horas, no mesmo recinto, terá lugar a estrea absoluta de Viaje a un país de…, coprodución galego-arxentina de Títeres Cahcirulo (Galicia),  Tres Tigres Teatro (Arxentina) e Chachakün (Arxentina).

As outras dúas estreas absolutas virán da man da compañía española Mazzú Teatro e do músico e titiriteiro Luís Vallecicllo. Así, Mazzú Teatro dará a coñecer  Home no Teatro Principal nunha dupla función o xoves 18. Ás 11.30 horas, presentarase ao público escolar a obra, mentres que ás 20.30 horas estrearase para o espectador xeral. Pola súa banda, Luis Vallecillo actuará o martes 16 para representar por vez primeira Cantamos?, un espectáculo que mestura música e bonecos e que conta co seu propio audiolibro infantil, editado por Guindastre Edicións. As súas funcións serán no Centro Sociocultural de Santa Marta ás 11.30 e ás 18.30 horas.

O Festival Galicreques, coa súa vocación internacional, ábrelle a porta nesta vixésimo terceira edición a espectáculos estranxeiros nunca vistos antes en España.  É o caso de En una canasta, obra dos arxentinos Uluria Teatro; ou de Caperucita, da compañía procedente de Arxentina Tres Tigres. Tamén darán a coñecer os seus espectáculos no Galicreques obras como Mi jardín, obra para bebés dos brasileiros Sobrevento; Los tres cabellos de Oro de don Gruñón, dos venezolanos La Pareja; El árbol de los Sombreros, dos colombianos Arlequín y Los Juglares, ou Un secreto increible, de Chachakün.  ou De Oficio.. Serenateros!, de Tres Tigres, son outras das obras internacionais que descubrirá o Fesitval Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde coa colaboración do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, Agadic e o INAEM, nesta 23ª edición.

Repasa toda a programación

Funcións para escolares

Máis de 1.200 alumnos e alumnas de educación infantil, primaria e secundaria asistirán ás 13 funcións que conforman a programación escolar do XXIII Festival Internacional Galicreques 2018. Con este conxunto de funcións, destinadas aos espectadores infantís e adolescente, este encontro reedita un ano máis o seu duplo compromiso de achegarlles aos novos espectadores o xénero teatral dos títeres e de creación de novos públicos para a escena.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Dende que se abriu o prazo de inscrición a comezos do mes de setembro, máis dunha vintena de centros de ensino das provincias da Coruña e Pontevedra reservaron praza para os seus estudantes nas diferentes funcións escolares que terán lugar nos escenarios do Teatro Principal, no Centro Sociocultural de Santa Marta e Fundación SGAE. O público procederá así dun total de dez concellos: Santiago, Cabanas de Bergantiños, Oroso, Ribeira, Teo, Ames, Brión, Marín, Mesía e Val do Dubra.

Funcións en Coruña e Vigo

Unha das novidades e que dentro do compromiso de levar a escena de títeres ao maior número de espectadores posible, non só en Santiago de Compostela senón tamén noutras cidades de Galicia, o festival chegará a Coruña e Vigo.  En esta edición a coruñesa Sala Gurugú acollerá cinco representacións nas fins de semana do 13 ao 14 e do 19 ao 21 de outubro. Pola súa banda, a Sala Ártika de Vigo acollerá outras tantas montaxes nas mesmas datas.

Share.

Comments are closed.