займ срочно

O río Portapego desborda polas rúas de Touro

0

Touro, 6 de novembro do 2018 – O grupo En Marea Touro denuncia que as últimas treboadas fixeron desbordar o río Portapego ao seu paso por Fonte Díaz, a capital de Touro.

En Marea engade que de nada serviu o diñeiro público gastado na canalización do Portapego e lembra que a estas augas van a parar moitos dos lodos contaminados da mina. Según explican os traballos para urbanizar os terreos colindantes levou ao intento de tapar a canle perimetral da mina o que provoca escorrentías que chegan ao río. Ademais de contaminar as augas isto provoca entullos polos lodos e xera un caudal maior que acaba por desbordar.

Este verán comezaron as obras de canalización do Portapego para tratar de evitar estes colapsos pero, polo que se viu estes días, non serviron de moito. En Marea lembra tamén que estes traballos non contaron co permiso de augas de Galicia e piden ao goberno municipal que faga cumprir o plan de restauración da mina, evitando que as augas xeradas por escorrentía nos acaben directamente e sen tratamento no río.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies