займ срочно

Denuncian a falta de conservación das pistas do concello do Pino

0

O Pino, 26 de xullo do 2019 –  Os Socialistas de O Pino acusan ao equipo de goberno deo Pino, dirixido por  Manuel Taboada, de desidia por non ter avanzado en pleno verán  nas tarefas de mantemento e roza de pistas municipais.

mal estado pistas O PinoO Psoe afirma que, no termo municipal, existen varios accesos a núcleos de poboación nun estado lamentable, debido a cantidade de maleza que acumulan as cunetas, e, tamén, pola cantidade de pólas que invaden o voo das vías. Estas circunstancias provocan danos na maquinaria agrícola e forestal de moitos veciños que se puxeron en contacto co Grupo Municipal Socialista. tamén critican a tardanza en arranxar as fochancas que teñen as pistas, causada, en parte,  por esa falta de conservación.

mal estado pistas O PinoOs Socialistas, recoñecen que nesta época do ano a maleza abunda, que existen moitos quilómetros de pistas en todo o concello, e que a finais de xullo é imposible telas todas en perfecto estado. Lamenta, que todos estes traballos non se programen durante o inverno e baixo criterios serios e rigorosos, “non podemos seguir admitindo a razón da festa patronal da parroquia, ou, o que é peor, o lugar de residencia do concelleiro/a do equipo do goberno, o Pino, o formamos os veciños/as das trece parroquias”, indican.

Sen motivos para respectar os 100 días de cortesía

Tampouco están pola labor de dar ningunha tregua ao novo goberno, “aquí, en O Pino, non hai motivo para respectar os 100 días de cortesía que debe ter calquera novo equipo, o goberno é continuísta e a forma de actuar, visto o visto, segue sendo a mesma”, manifesta o voceiro socialista, Óscar Vilar.

mal estado pistas O PinoAnuncian que todas estas peticións serán levadas por escrito ao Alcalde, e que solicitarán explicacións.

mal estado pistas O Pino

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies