займ срочно

Critican a urxencia do arranxo do campo de fútbol do lameiro no Pino

0

O Pino, 5 de outubro do 2020 – O Psoe de O Pino ven de denunciar que as obras de arranxo do campo de fútbol do Lameiro fanse cunha modificación de crédito sen que estea xustificada a urxencia.

Os socialistas explican que no último pleno PP e BNG aprobaron un expediente de modificación de crédito por valor de 176.000 euros, destinados a acondicionar o campo de fútbol do Lameiro. Utilizando como único argumento a necesidade doutro campo de fútbol para a SD o Pino.

O Psoe insistiu no debate en que  “os motivos expostos non xustifican a urxencia, nesta época de pandemia non está claro que a competición comece, ademais na localidade xa dispoñemos doutro campo de fútbol, o de Reboredo, totalmente acondicionado e a enteira disposición da SD o Pino”.

Acusan ao alcalde de irresponsable

O Grupo Municipal Socialista acusa ao Alcalde de irresponsable e de promover obras de xeito totalmente electoralista. Denuncian que ante a actual situación de crise sanitaria, social e económica non é o momento de promover este tipo de obras, cando estas necesidades xa están cubertas, e que pola contra hai outras demandas máis urxentes “agora o que toca é o gasto social, temos moitos negocios vinculados a hostalería que igual teñen que pechar, carecemos dun centro de día, non hai saneamento no rural, o que si hai é campos de fútbol de sobra” apuntan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies