займ срочно

Ruta medioambiental polo río Mera organizada polo GDR Ulla Tambre Mandeo

0

O Pino, 16 de setembro do 2019 – O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo organiza una Ruta ambiental en O Pino que percorrerá a praia fluvial e a senda botánica do Río Mera.

O obxectivo desta iniciativa é coñecer a guía da flora e a fauna do entorno do Mera e os usos e tradición do Ulla, Tambre e Mandeo

O roteiro celebrarase o xoves 19 de setembro ás 16.00 horas. As inscricións faranse enviando un correo electrónico a leader@gdrullatambremandeo.gal ou chamando ao 981 511 377.

ruta polo río meraA Senda fluvial e botánica do río Mera discorre polas marxes do río Mera desde o lugar da praia fluvial da Tarroeira, onde se une co río Tambre, ata a igrexa de  Gonzar.

A senda divídese en dous tramos. O primeiro vai desde a praia fluvial da Tarroeira ata Ponche  Puñide, onde se atopa a coñecida ponte romana de Ponte  Puñide e o afamado  Muíño de Pena. O segundo tramo vai desde Ponte  Puñide ata a igrexa de  Gonzar. Todo un paseo ao longo do río Mera para aqueles amantes do patrimonio natural e cultural, que ademais de gozar da senda botánica, pretendan facer un pequeno percorrido a maiores para visitar a igrexa de  Gonzar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies