займ срочно

O concello de O Pino abre un expediente a Cobre San Rafael

0

O Pino, 17 de maio do 2018 – O concello de O Pino ven de abrir un expediente de reposición da legalidade a Cobre San Rafael, S.L. polas sondaxes feitas en pistas municipais sen autorización.

Hai unhas semanas o Psoe de O Pino solicitaba a apertura do expediente e denunciaba que as sondaxes que realizaba a empresa non contaban coa necesaria autorización. Este mércores o técnico municipal confirmoulle ao voceiro socialista, Oscar Vilar, que tras a súa denuncia o ente local iniciou os trámites para a reposición á legalidade dos danos producidos pola empresa nos bens de dominio público. Para a oposición isto demostra que Cobre San Rafael realizou, e realiza, labores de sondaxes carecendo das correspondentes autorizacións municipais no concello de O Pino.

Para o concelleiro socialista “estanse a utilizar bens de dominio público de forma especial e privativa, provocando danos e todo ilo sen  ter solicitado a autorización pertinente”.  Unha vez xa incoado o trámite e en fase de investigación e inspección, Óscar Vilar, espera que se paralicen automaticamente estas labores, e seguidamente, unha vez resolto o procedemento, procédase a reposición da situación alterada. Seguido todo ilo da correspondente sanción, “xa que resulta claro que o actuar de Cobre San Rafael, S.L. e claramente desconforme a dereito”, afirma. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies