займ срочно

Maltrato animal en O Pino

0

O Pino, 6 de agosto do 2019 – Onte luns Lindeiros recibía, por distintas vías, queixas polo maltrato que se lle daba aos animais por parte do concello de O Pino, tanto nos abandonados como na recente Feira do Galo de Piñeiro.

A primeira denuncia tiña que ver cun can abandonado que estivo toda a fin de semana encerrado nunha nave. Os denunciantes chamaron a Garda Civil ao escoitar o laiar do animal. A Benemérita chamou ao concello quen dixo que o can tiña comida e auga e que só levaba alí desde o venres.

Maltrato animal en O Pino

Nave na que estivo encerrado o can

Esta denuncia viu corroborada por un comunicado do Partido Socialista que destacaba que este feito supón o incumprimento da Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía en Galicia por parte do Concello de O Pino

O portavoz socialista, Oscar Vilar, lembra que “a obriga municipal é recollelo e albergalo nun centro autorizado ata que o seu propietario/a o retire, ou ben o cánido sexa acollido ou adoptado, tal como estipula a lei galega”. Os socialistas solicitarán un convenio de colaboración cunha canceira, ou asociación protectora en defensa dos animais, “a lei está para cumprirse, e xa estamos cansos de escoitar sempre a mesma escusa por parte do alcalde, cada vez que se trata este asunto remitise a que a solución virá a través da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, pero levamos esperando dous anos e non vemos ningún avance”, indican dende o Grupo Socialista de O Pino.

Un cabalo morto

O denunciante que se puxo en contacto con Lindeiros explicou tamén as circunstancias da morte dun cabalo na Feira do Galo de Piñeiro. O parecer a diferenza das galiñas, que estiveron baixo unha carpa, os cabalos que participaron no espectáculo estiveron ao sol todo o día. Un deles, chegado o día anterior desde Andalucía, acabou por morrer dun golpe de calor pese aos intentos, cando xa estaba no chan, por darlle auga.

Ao parecer próxima ao lugar no que se celebrou o espectáculo existe unha Carballeira con sombra pero ou o concello non conseguiu o permiso dos propietarios para deixar alí aos animais ou non o intentou.

Este feito súmase ao sucedido co can nun exemplo de mala praxis cos animais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies