O Pino, 31 de decembro do 2020 – O pleno municipal aprobou o orzamento do concello do Pino para o ano 2021.
O orzamento do Pino aprobouse co voto a favor do Partido Popular, a abstención de BNG e o voto en contra do Partido Socialista. Serán 4.089.000 de euros dos que máis da metade se destinarán a bens correntes e servizos.
Partidas
A partida destinada a servizos sociais e promoción social é a que máis aumenta (un 9,76%) respecto aos presupostos de 2020, debido as dotacións extraordinarias financiadas a través do POS+ adicional da Deputación.
O Concello contará con 735.698 euros no capítulo de investimentos, e outra partida similar para gastos de persoal. Debido a que o Concello non ten débedas bancarias, os gastos financieros representan só 200 euros.
O alcalde, Manuel Taboada, asegurou que o goberno municipal presenta para o 2021 un “orzamento estable, sostible e sen débeda, o que demostra o compromiso do goberno municipal de manter unhas contas saneadas, sen menoscabo de manter a calidade duns servizos municipais de calidade”.
O portavoz socialista criticou que as contas non presenten a relacións de obras e que diminúen o investimento real, “que se centra en asfalto e farolas”, motivo polo que o portavoz solicitou que quedara sobre a mesa ata que se aprobe a relacións de obras do POS 2021.
Manuel Taboada replicoulle que os investimentos reais destinaranse ás obras que son máis necesarias para a veciñanza, e que o Concello seguirá licitando obras con fondos propios.
Mocións
O grupo socialista presentou tres mocións: para apoiar ao comercio e a hostalaría local coa venda de bonos, para reparar locais sociais e outra para promover actos culturais e unha homenaxe a Luis Seoane. As tres foron rexeitadas polo equipo de goberno alegando que O Pino foi o primeiro concello en promover unha campaña de apoio ao comercio local e en establecer axudas directas aos autónomos. O alcalde tamén engadiu que no capítulo de obras xa se están a reparar aqueles edificios e centros públicos que demanda a veciñanza. Na terceira moción, tanto o alcalde como a concelleira de Cultura responderon que Luis Seoane xa foi nomeado fillo predilecto do Pino, que se organizou unha exposición na súa honra e que se está a colaborar asiduamente coa fundación que leva o seu nome.