Compostela, 19 de outubro do 2018 – A primeira xornada do Outono Codax Festival encherá a Capitol con música chegada desde Amsterdam cos Tibbs e New York con The Rad Trads.
O Outono é sen duda o mellor festival de música negra do noroeste peninsular e o demostra en cada edición. Anarkista a hora de programar as datas, este ano prolóngase ata o mes de Nadal no que unha homenaxe a Aretha Franklin será o regalo perfecto de esta edición. A maiores actividades paralelas como a de hoxe as 13.30 en Porta Faxeira, na terraza do Alameda. The Manueles traeran a Compostela o seu surf rock para facernos ver que o mar está sempre en Compostela.
Xa pola noite o festival abre con The Tibbs, para moitos unha das mellores bandas de soul da Europa actual. A voz de Elsa Bekman viaxa en moitas pezas ata o funk pero en calquera das opcións é o complemento perfecto a un grupo compacto que tira dos instrumentos, Hammond, trompeta, saxo e saxo barítono, todo o necesario para veladas inesquecibles.
Para cando vaiamos asimilando o concerto de The Tibbs ocuparan o escenario The Rad Trads. De Amsterdam viaxamos ata New York para vivir unha festa cunha das bandas máis interesantes da cidade americana. jazz, swing, rock e blues mestúranse en concertos nos que a base rítmica acompaña a calquera das catro voces principais da formación. Un repaso pola música popular que non deixa indiferente a ninguén.
O Outono Codax abre portas as oito e media na sala Capitol.
The Tibbs
The Rad Trads