займ срочно

O Ministerio de Cultura apoiará a dixitalización dos arquivos municipais

0

Bisbarra, 3 de marzo do 2021 – O Ministerio de Cultura acorda coa Deputación impulsar a dixitalización dos arquivos municipais da provincia.

O presidente provincial, Valentín Valentín González Formoso, mantivo unha reunión en Madrid co ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes. No encontro presentoulle un plan piloto para preservar os arquivos históricos dos concellos da Coruña.

Iniciativa ambiciosa

Segundo explicou o presidente da Deputación trataríase dunha iniciativa “ambiciosa e pioneira en España”, coa que a institución provincial pretende estender o Plan de Dixitalización, que desde hai máis dunha década leva realizando cos fondos do seu propio Arquivo Provincial, aos 93 concellos coruñeses. O plan comezaría por aqueles máis pequenos, con menores recursos técnicos e económicos para conservar e inventariar o seu patrimonio documental e levar a cabo este tipo de tarefas.

“Os documentos que se gardan nos arquivos municipais son unha peza fundamental da memoria colectiva da provincia da Coruña e de Galicia e constitúen unha fonte de enorme valor para coñecer o noso pasado”, afirmou González Formoso, que explicou que o Plan de Dixitalización de Arquivos Municipais non só evitará o deterioro ou perda de documentación de gran valor histórico e diminuirá o espazo físico que as administracións locais precisan para conservar os documentos en condicións adecuadas, “senón que universalizará o acceso aos documentos que custodian os arquivos municipais da provincia, facéndoos máis accesibles para os investigadores e para a cidadanía en xeral”.

Formoso destacou o “carácter pioneiro” do proxecto, no que a Deputación se encargaría da dixitalización dos diferentes arquivos municipais da provincia da Coruña, devolvendo posteriormente os documentos orixinais aos concellos para a súa custodia e facilitando unha copia dixital dos mesmos, ao tempo que se crearía un gran repositorio provincial online para permitir a consulta dos documentos.

Valentín González Formoso agradeceu o “interese mostrado polo ministro Rodríguez Uribes nos detalles do proxecto” así como a disposición do Ministerio de Cultura a estudar a súa colaboración neste ambicioso Plan de Dixitalización de Arquivos Municipais, que debido á súa complexidade e ao importante volumen de documentos que abarca se desenvolvería en varias anualidades e requerirá da cooperación económica, técnica e administrativa de distintas administracións, polo que ademáis do Ministerio de Cultura, o goberno provincial trasladará o proxecto tamén á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies