займ срочно

A AC O Galo organiza unha charla sobre as “Festas de mouros e cristiáns en Galicia”

0

Compostela, 14 de marzo do 2022 – A Asociación Cultural O Galo organiza este mércores, no Museo do Pobo Galego, unha palestra sobre as “festas de mouros e cristiáns en galiza e terras veciñas”.

A cita comeza as sete da tarde no salón de actos do Museo do Pobo Galego. No acto a AC O Galo proxectará imaxes das principais festas deste tipo que se celebran en Galiza e no norte de Portugal.

O profesor e doutor González Reboredo explicará as súas orixes, evolución e as semellanzas que posúen con outras festas parellas que teñen lugar preto da fronteira co país luso. Tamén lembrará os datos que se teñen sobre unha que se desenvolvía hai anos en Compostela.

para participar é preciso anotarse en  comunicacion@ogalo.gal  antes do 16 de marzo as 13h e indicar o nome, os dous apelidos e o número de teléfono de cada unha das persoas que acodan á palestra. Nela será obrigatoio o uso de mascarilla.

Mouros e cristiáns en Galicia

En Galicia as representacións populares coa temática dun enfrontamento de mouros e cristiáns son moi poucas e pouco coñecidas, ou ignoradas polo gran público.

O mesmo sucede, ou sucedía hai anos, coas de León e Asturias, pero menos no norte de Portugal, onde unha tradición con casos moi puntuais, aínda que tan importantes como o Auto da Floripes (As Neves- Viana do Castelo), manifesta unha forma moi singular desta variante festiva que ten o seu antecedente escrito no libro IV do Codex Calixtinus, coñecida obra que cristaliza a tradición xacobea no século XII.

Desde a AC O Galo suliñan, das vixentes agora en Galicia, tres en Laza, unha na Saínza-Rairiz de Veiga e outras dúas na Franqueira-A Cañiza e Mouriscados -Mondariz. En xeral as representacións galegas, sacado casos como A Saínza, son moi sinxelas, ás veces  reducidas a un debate entre un mouro e un cristián.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies