займ срочно

O documental “Redes contra a política do espolio” estrease en Compostela

0

Compostela, 8 de abril do 2019 – O Teatro Principal de Santiago acolle esta tarde, a partir das oito, a estrea do documental “Redes contra a política do espolio, aire, auga e terra limpas”.

Redes contra o espolio é unha reportaxe de 75 minutos de duración que recolle as diversas e importantes problemáticas medioambientáis que se están a dar a día de hoxe na contorna de Compostela, Teo, Touro, O Pino, Ordes, Cerceda, Lalín, Mesía, Frades e Rois e que levou a veciñas e veciños a organizarse nunha rede cidadá de plataformas contra á destrución da terra e a contaminación do aire, a auga e a terra.

Dirixido por Xosé Antón Bocixa Rei está producido por Tingalaranga audiovisual para NÓS Televisión.

Despois da proxección, haberá un coloquio con micro aberto no que participarán persoas de cada unha das plataformas que aparecen na película, nomeadamente:

-Plataforma veciñal Mina Touro-O Pino NON

-Plataforma pola Recuperación do Río Sar

-Plataforma Casalonga limpa de residuos

-Plataforma de afectados polo vertedoiro de Santiago-Miramontes

-Non aos parques eólicos na comarca de Ordes

-Plataforma de afectados pola destilería de Contimunde

-Comisión de seguimento da minaría e defensa do rural Mesía-Frades

-Asociación de afectados polo vertedoiro de Lesta

-Plataforma Salvemos as fragas de Catasós

O acceso é gratuíto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies