Compostela, 13 de maio do 2024 – Como nas series de televisión ou nas sagas fílmicas, o futuro da parcela de Peleteiro ven de recibir no último momento unha nova esperanza tras a reunión co ministerio.
A reunión en Madrid abre a porta á redución dos usos comerciais e á ampliación dos residenciais. A balanza volve a modificar a postura dos pratos e veremos si esta nova oportunidade concrétase en algo.
Na reunión participou a alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, e por parte do goberno central estiveron o ministro de Economía, Carlos Cuerpo, e a secretaria xeral do Tesouro, Paula Conthe.
Na reunión sentaron as bases para iniciar un traballo técnico encamiñado a cambiar a actual ordenación urbanística da parcela de Peleteiro. A vivenda tomaría protagonismo en esta nova definición e aumentando ademais o número de vivendas protexidas.
Finalizada a reunión, Goretti Sanmartín valorou o resultado como “moi satisfactorio tendo en conta o punto no que se atopa actualmente esta actuación”. Segundo explicou Carlos Cuerpo, o Goberno de España está a apostar por impulsar a construción de vivenda, en especial da protexida, e a proposta do goberno municipal encaixa nesta liña de traballo.
O novo plan reduciría non só o uso comercial se non tamén o resto de usos terciarios para poder incrementar o residencial. O uso comercial en calquera caso tería que adaptarse ao modelo tradicional en planta baixa e mantendo a edificabilidade prevista no plan actualmente vixente.